sábado, 28 de diciembre de 2024

SAÍDA Á FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS.

O día 19 de decembro nenas e nenos de 6º de E.P. fixeron unha saída á Coruña para visitar a sede de FEGEREC (Federación galega de enfermidades raras e crónicas).


Foi unha visita moi especial, na que o noso alumnado realizou multitude de actividades:

-Recibimento por parte do persoal da asociación, durante o cal explicaron o que son as enfermidades raras e ilustraron a explicación cun vídeo onde  un neno chamado Román fala sobre a enfermidade que padece.

-Realización por parte do alumnado dunha manualidade navideña, acompañado por tres persoas usuarias da asociación.

-Presentación por parte noso alumnado; presentaron ao polbo Tintón (que os acompañou nesta saída) e falaron  da biblioteca  do noso centro, así como das actividades que se realizan na mesma. Posteriormente léronlles ás persoas usuarias da asociación un conto de Nadal.

- Visita ás instalacións da asociación (aula de fisioterapia, terapia ocupacional e asistencia social), onde as persoas traballadoras da asociación lles falou ao alumnado sobre o seu traballo.

-Colaboración coas persoas usuarias no empaquetado de bastóns de caramelos solidarios.

-Despedida, na cal o noso alumnado foi agasallado coa manualidade que fixeron, así como cuns bombóns.

Desde aquí queremos dar as grazas a FEGEREC pola boa acollida que nos deron e polas actividades das que fomos partícipes. En definitiva, foi unha saída moi proveitosa  tanto para o alumnado como para  o profesorado, xa que nos permitiu achegarnos a realidades que  moitas veces nos son descoñecidas e ademais gozamos dunha xornada moi entretida e agradable.

Na presentación de fotos que aparece a continuación podedes ver en imaxes todo o que vos acabamos de contar.












NOVAS SESIÓNS DO CLUB DE LECTURA. 

Durante os días previos á chegada das vacacións de Nadal o alumnado que forma parte do club de lectura da biblioteca do polbo Tintón tivo novas sesións do club de lectura. Ao longo destas sesións estiveron escollendo o nome que terá cada club, así como elaborando o deseño que será o distintivo de cada club. Ademais idearon unha clave secreta para entrar no club (que, por suposto, só coñecen os seus membros). 


NOME DO CLUB DE 3º EP: "Lectoaventureiros"



NOME DO CLUB DE 4º DE EP: "Os pequenos lectores"



NOME DO CLUB DE DE 5º E 6º EP: "Os 6 misteriosos aventureiros"



Aquí tedes aos "6 misteriosos aventureiros" en pleno proceso creativo na  elaboración do distintivo para o seu club de lectura.




RECREO DE EXPERTOS/AS: TAEKWONDO.

O pasado 17 de decembro Raúl e Lucas, alumnos de 3º de E.P., amosáronlles aos seus compañeiros e compañeiras o moito que saben de taekwondo. Faláronnos das orixes desta arte marcial e  explicaron como se fai o saúdo inicial. Fixeron  demostracións dos movementos básicos de defensa  e ataque, así como de dúas  chaves. Tamén contaron do 1 ao 10 en coreano.









 

 

lunes, 16 de diciembre de 2024

RECREO DE TALENTOS: BAILE.

O pasado venres tocoulle o turno ao baile no recreo de talentos. As encargadas de ensinarnos a coreografía que idearon para este recreo foron Carolina e Noa de 4º de E.P.


No seguinte vídeo podedes ver o ben que o fixeron:


A continuación tedes un par de vídeos nos que podedes ver como o resto do alumnado que asistiu a esta sesión do recreo de talentos se animou tamén a bailar.
















 

 RECREO DE EXPERTOS/AS: XOGUETES.

No recreo de expertos/as do pasado martes tivemos a sorte de contar con Abril, Zoe e Martina de 2º de E.P., as cales lle ensinaron aos nenos e nenas como facer un xoguete moi divertido con materiais moi fáciles de atopar.


Para facer este xoguete precisaron: vasos (serven de cartón ou de plástico), papel de prata, un anaco de lá e cinta adhesiva. 


As tres expertas foron guiando ás súas compañeiras e compañeiros para a creación deste xoguete para poñer a proba a nosa habilidade. O xogo consiste en meter dentro do vaso a boliña de papel de prata no menor número de veces posible.







domingo, 8 de diciembre de 2024

VISITA DE AFABER.

Este xoves, 5 de decembro, tivemos unha visita ao noso centro de catro usuarias de AFABER: Marisa, Lola, Engracia e María Josefa, acompañadas de dúas profesionais que traballan neste centro. Na entrada ao colexio esperaban para recibilas alumnado de 5º de Educación Primaria (Belén, Yago, Dunia, Martina, Isaac, Noa, Inés, Renata, Manuel, Sergio e Hugo) que forma parte do Voluntariado de lectura solidario. 




Unha vez na biblioteca as usuarias estiveron faláronnos sobre algunhas lendas da tradición galega. Neste vídeo podedes escoitar un pequeno fragmento:



Falouse de lendas como a Santa Compaña e tamén de ditos, como o seguinte: 

"Pola Santa Lucía, ao salto dunha pulga medra o día"

Despois de escoitar atentamente estes ditos e lendas, as nenas e nenos xunto coas usuarias estiveron decorando unhas cartolinas con debuxos alusivos ás mesmas e nas que o alumnado escribirá as lendas que lles transmitiron estas mulleres.

A visita rematou con agradecementos e afecto para Lola, María Josefa, Engracia e Marisa por adicarnos un anaquiño do seu tempo e da súa sabedoría. Grazas á colaboración destas persoas e ao persoal que traballa nestas asociacións podemos facer a nosa pequena contribución para manter viva a tradición oral. 

No vídeo que se presenta a continuación podedes ver imaxes de todo o que vos acabamos de contar.





miércoles, 4 de diciembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O 3 de decembro conmemórase o Día internacional das persoas con discapacidade. No noso centro o Equipo de Convivencia organizou a Carreira Enki para que coincidise con dita conmemoración. O alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria puido gozar da participación nesta carreira non competitiva, na que se pon en valor a diversidade e a inclusión de todos os nenos e nenas.

O polbo Tintón non quixo faltar a esta cita e puxo o seu dorsal para estar moi atento a todo o que pasaba na carreira.




Desde o Equipo de biblioteca do centro seleccionamos unha serie de recomendacións lectoras relacionadas coa educación na diversidade e a inclusión. Atópanse nun lugar central da biblioteca e están ao dispor das nenas e nenos que as queiran ler na biblioteca ou levar en préstamo.





A continuación deixámosvos un vídeo no que podedes ver  un dos contos das nosas recomendacións lectoras: "Por cuatro esquinitas de nada", de Jerome Ruillier, publicado pola editorial Juventud.










DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...