SAÍDA Á FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS.
O día 19 de decembro nenas e nenos de 6º de E.P. fixeron unha saída á Coruña para visitar a sede de FEGEREC (Federación galega de enfermidades raras e crónicas).
Foi unha visita moi especial, na que o noso alumnado realizou multitude de actividades:
-Recibimento por parte do persoal da asociación, durante o cal explicaron o que son as enfermidades raras e ilustraron a explicación cun vídeo onde un neno chamado Román fala sobre a enfermidade que padece.
-Realización por parte do alumnado dunha manualidade navideña, acompañado por tres persoas usuarias da asociación.
-Presentación por parte noso alumnado; presentaron ao polbo Tintón (que os acompañou nesta saída) e falaron da biblioteca do noso centro, así como das actividades que se realizan na mesma. Posteriormente léronlles ás persoas usuarias da asociación un conto de Nadal.
- Visita ás instalacións da asociación (aula de fisioterapia, terapia ocupacional e asistencia social), onde as persoas traballadoras da asociación lles falou ao alumnado sobre o seu traballo.
-Colaboración coas persoas usuarias no empaquetado de bastóns de caramelos solidarios.
-Despedida, na cal o noso alumnado foi agasallado coa manualidade que fixeron, así como cuns bombóns.
Desde aquí queremos dar as grazas a FEGEREC pola boa acollida que nos deron e polas actividades das que fomos partícipes. En definitiva, foi unha saída moi proveitosa tanto para o alumnado como para o profesorado, xa que nos permitiu achegarnos a realidades que moitas veces nos son descoñecidas e ademais gozamos dunha xornada moi entretida e agradable.
Na presentación de fotos que aparece a continuación podedes ver en imaxes todo o que vos acabamos de contar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario