miércoles, 29 de noviembre de 2023

CAMPAÑA DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Este luns o alumnado de Educación Primaria do noso centro asitiu a unha charla de concienciación sobre o consumo responsable de xogos e xoguetes impartida por dúas voluntarias da Fundación Amigos de Galicia. Ademais, a biblioteca do noso centro participa na Campaña solidaria de Nadal 2023 desta mesma fundación. Para iso colocáronse na biblioteca do centro unhas caixas nas que toda a comunidade educativa pode colaborar doando algún xoguete novo. Tamén se colocaron carteis na piscina municipal que está a carón do centro e nalgúns negocios nas proximidades da escola para animar á veciñanza a colaborar con esta iniciativa.




sábado, 25 de noviembre de 2023

 AS BOLBORETAS DA LIBERDADE

Ao longo desta semana na biblioteca do polbo Tintón levouse a cabo unha proposta para concienciar ao alumnado acerca da loita contra a violencia de xénero, pois o sábado 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 
Dita proposta consistiu  en decorar bolboretas para colocar no mural diante do cal se ubicaron as recomendacións  lectoras que xiran arredor da temática feminista, así como da erradicación de calquera tipo de violencia sobre as nenas e as mulleres. Cada bolboreta representa o desexo de liberdade fronte a calquera tipo de violencia que sofren cada día as mulleres e as nenas en todo o mundo.




                  🦋 🦋 🦋 🦋 🦋 🦋




QUEREMOS

                        VIVIR

    
                                        LIBRES





                 🦋 🦋 🦋 🦋 🦋 🦋






25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN

DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER





                     🦋 🦋 🦋 🦋 🦋 🦋









Así loce o recanto da biblioteca coas recomendacións lectoras para a conmemoración do 25 de novembro.
 

jueves, 23 de noviembre de 2023

AXUDANTES DO POLBO TINTÓN 

No horario de apertura da biblioteca no tempo de lecer contamos cuns axudantes moi especiais: o alumnado de 5º de E.P. 
Estas nenas e nenos  de xeito voluntario botan unha man en tarefas como a colocación dos libros devoltos no seu  lugar correspondente nos estantes da biblioteca, selección de música para ambientar este momento de tranquilidade que supón o uso da biblioteca, orientan aos iguais para saber donde atopar un libro determinado, controlan que non se supere o aforo deste espazo, recollen e ordenan diferentes materiais, etc.
Para identificalos facilmente polo resto do alumnado teñen os seus chalecos de axudantes do polbo Tintón.
Desde aquí dámoslles as grazas polo labor tan importante que realizan.










Cada libro no seu lugar.

👏👏👏👏👏👏👏




A música acompaña a visita á biblioteca.  🎵🎶🎵🎶

martes, 7 de noviembre de 2023

CONMEMORAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS CUN CONCURSO

 O  24 de outubro é un día moi sinalado para o polbo Tintón, pois celébrase o Día das bibliotecas. Para compartir esta festividade cos nenos e nenas do noso centro púxose en marcha un concurso: o "Book Face" ou "Cara de foto", no cal se pedía que unha foto na que a cara ou outra parte do corpo das nenas e nenos se fundise coa imaxe da portada dun libro.



A proposta tivo moi boa acollida, pois recibíronse case 50 fotos. Desde o centro educativo queremos agradecer a alta participación amosada. Así dá gusto organizar calquera actividade!

Aquí podedes ver a exposición que se montou no vestíbulo do edificio de Educación Primaria.



Despois chegou a parte máis complicada......que foi escoller as tres fotos gañadoras, pois todas as fotos recibidas resultaron ser moi orixinais e creativas. Finalmente as fotos seleccionadas para seren premiadas corresponderon a unha alumna de 4º de E.I, unha alumna de 2º de EP e un alumno de 4º de E.P.
Todo o alumnado participante recibiu de agasallo un marcapáxinas da bibioteca para colorear. As dúas nenas e o neno premiados levaron un diploma e, como non podía ser doutro xeito, un libro para seguir gozando do pracer da lectura.



domingo, 5 de noviembre de 2023

UNHA BIBLIOTECA RENOVADA

A biblioteca do CEIP Bergantiños, é dicir, a biblioteca do polbo Tintón estreou o curso cun aire renovado. Destaca a gran ilustración onde o protagonista é o noso amigo Tintón, cos seus tentáculos cargados de propostas literarias e unha mensaxe moi directa: "SUMÉRXETE NA LECTURA".



Outros amigos do polbo Tintón que tamén viven no mar axúdannos á hora de poder seleccionar os títulos máis acordes á nosa idade, pois hai varias seccións para a etapa de E.P (de 6 a 8 anos, de 8 a 10 anos e de 10 a 12 anos).


Os máis cativos da escola, da etapa de Educación Infantil,  poderán gozar dos seus contos favoritos nun espazo especialmente acolledor (cunha delimitación moi clara e con alfombras e coxíns).


O pasado 3 de outubro de 2023 o alumnado puido vivir a gran inauguración da nosa biblioteca escolar. Este curso temos novidades como: o voluntariado por parte dos nenos e nenas para o préstamo durante o recreo, a creación dun clube de lectura, posibilidade de realizar préstamo en horario de tarde (cando a biblioteca está aberta como actividade extraescolar), o apadriñamento lector do alumnado de EP ás nenas e nenos de E.I., etc.





Non perdades de vista o noso blog, xa que vos iremos poñendo ao día de todas as actividades e novidades da biblioteca do polbo Tintón
.

  RECREO DE EXPERTOS/AS: CURIOSIDADES HISTÓRICAS. No recreo de expertos/as celebrado hoxe, catro alumnos de 6º de EP fixeron unha exposición...