RECREO DE TALENTOS: BAILE
Este venres tivemos unha nova edición dos recreos de talentos na nosa biblioteca. O talento que amosaron as nenas e o neno participantes foi o baile. Aquí tedes aos artistas:
Este venres tivemos unha nova edición dos recreos de talentos na nosa biblioteca. O talento que amosaron as nenas e o neno participantes foi o baile. Aquí tedes aos artistas:
Durante esta Semana do libro tivemos unha sesión de teatro moi especial: varias nais de nenos e nenas das aulas de Educación Infantil fixeron unha representación teatral do conto "Feroces".
Hai uns días recibimos na biblioteca do polbo Tintón, da man do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), unha serie de títulos relacionados coa vida mariña.
Desde aquí queremos agradecer ao CEIDA esta importante iniciativa, así como o labor de divulgación tan valioso que está a facer.
Entre o 22 e o 26 de abril celébrase na Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo a decimoséptima edición da Semana do Libro e a Lectura (iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Carballo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Fundación Luis Calvo Sanz).
A Semana do Libro e a Lectura ten sempre unha temática central; este ano é a maxia.
Os recreos de expertos/as así como os de talentos están a ter unha moi boa aceptación entre o alumnado, tanto para impartilos ou amosar talentos como á hora de participar neles como espectadores ou realizando creacións de diverso tipo no caso dos obradoiros. Son tantas as propostas que ás veces é necesario que a biblioteca de Tintón destine algún día máis na semana para dar cabida a todo o alumnado que quere participar. Recordamos que os recreos dos martes están dedicados aos expertos/as en calquera materia e os dos venres a amosar talentos.
Por este motivo o mércores houbo unha edición do recreo de expertos/as na que Candela, alumna de 6º de Educación Primaria, realizou un obradoiro para aprender a construír barcos. Os materiais empregados foron cartolina, tapóns de cortiza, gomas elásticas e paos de madeira. Na seguinte presentación de fotos podedes ver como foi o proceso e tamén algúns dos resultados.
O pasado luns o alumnado participante no club de lectura do noso centro tivo unha nova sesión na que se presentou a obra que será obxecto de lectura e análise nas próximas semanas. A obra titúlase "Mamá, quero ser Ziggy Stardust", escrito por Iria Misa e ilustrado por Alba Barreiro.
Na primeria parte da sesión as nenas e o neno que integran o club de lectura, así como María e Yolanda, as mestras encargadas de dinamizalo, deron respostas a preguntas acerca do argumento do libro, do xénero (dicindo que outras novelas leran previamente), da personaxe principal, etc.
Antes de dar por rematada a sesión houbo tempo para comezar a elaborar un cartaz para o recanto do club de lectura "O océano dos libros" que estará na biblioteca do polbo Tintón.
Este venres a música visitou de novo a biblioteca do polbo Tintón. A encargada de amosar o seu talento tocando o violín foi Martina, alumna de 4º de E.P. Fíxonos gozar con tres pezas: "A saia da Carolina", "Muiñeira de Chantada" e "Gavotte Mignon".
No seguinte vídeo podedes ver e escoitar a Martina interpretando a "Muiñeira de Chantada".
A biblioteca de Tintón segue a ofrecernos actividades moi entretidas para o tempo de lecer. Nesta ocasión foron Mateo, Erik, Noelia e Iria (5º de E.P.) os encargados de achegar a arte da papiroflexia a aqueles compañeiros interesados por aprender a facer figuras a partir do papel.
Na presentación de fotos que aparece a continuación podedes ver como foi este proceso de creación.
Este venres o recreo de talentos foi en clave de humor, pois o alumnado de varios cursos de Educación Primaria ofreceunos unha sesión de chistes. Que mellor maneira de rematar a semana que botando unhas risas!
No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra dos chistes que nos contaron estes alumnos.
VOLUNTARIADO LECTOR: VISITA DE ASPABER. Na mañá deste venres tivemos o gusto de recibir a visita de varias persoas usuarias de ASPABER á no...