viernes, 30 de enero de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: TRUCOS DE MAXIA

 

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con alumnas e alumnos de 2º e 4º de EP.

 


 

Abriu o espectáculo, Carmela, alumna de 2ºA de EP, a cal nos mostrou 4 trucos de maxia:

-       Facer desaparecer unhas “chuches” e caramelos nunha caixa.

-       Truco cunhas palliñas.

-       Trucos con gomas elásticas, onde a habilidade reside nos dedos das mans.

-       Unir 2 clips sen tocalos, colocándoos nun folio, ao cal lle fixo unhas dobreces,  e tirando do mesmo.

 

 


A continuación, foi a quenda de Ana, alumna de 4ºA de EP, a cal nos mostrou un truco de maxia usando unha baralla de cartas. Pediu que un voluntario/a escollese unha carta e, a través do truco, conseguir adiviñala. Aínda non sabemos como!

 


 

 

Para finalizar, actuaron Derek e Telmo, alumnos tamén da aula de 2ºA de EP, onde fixeron desaparecer un elemento nunha caixa.

 



 

O público asistente quedou encantado cos vosos trucos. Grazas por mostrárnolos!

 

 

MOITAS GRAZAS, CARMELA, ANA, DEREK E TELMO!

O polbo Tintón.

martes, 27 de enero de 2026

 

RECREO DE EXPERTAS: CÓMIC

 

No día de hoxe, as alumnas de 4ºC de EP, Mayra e Ariadna, impartíronos un obradoiro de cómic/banda deseñada.

 

 

 

Neste, foron explicando diferentes ámbitos do cómic, como:

-       Título e portada.

-       Tipos de bocadillos.

-       Como aparece ilustrada/escrita a parte do narrador/a.

-       As onomatopeas.

-       Como debuxar personaxes de maneira sinxela.

 


Resultou ser un obradoiro do máis interesante, onde os participantes puideron saír do mesmo con medio cómic xa realizado.

     

     Aquí podedes ver algunhas desas creacións:

 

 

 

MOITAS GRAZAS, MAYRA E ARIADNA! Explicástedes todo de maneira sensacional! Esperamos vervos prontiño, de novo!

O polbo Tintón.

martes, 20 de enero de 2026

 

RECREO DE EXPERTOS: DEBUXO

Hoxe, a alumna de 3ºC, Karla, impartiunos un obradoiro de debuxo, no cal participou un importante número de alumnado.

No mesmo, foi explicando, paso a paso, como debuxar avións de papel. A explicación foi tan boa que quedaron debuxos marabillosos!

 

 

 

MOITAS GRAZAS, KARLA! Esperámoste noutra ocasión con máis debuxos!

O polbo Tintón.





viernes, 16 de enero de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: CANTO E DRAMATIZACIÓN

 

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con alumnas de 3º de EP.

Valeria e Marta, de 3ºC, deleitaron ao público cantando o tema “Golden”, do grupo de KPop Demon Hunters.

 


 

Logo, Valentina, de 3ºA, representounos unha obra sobre o ballet. Quedamos todos e todas fascinados/as da gran actuación que nos ofreceu.

 




Temos grandes talentos no CEIP Bergantiños.

 

 

MOITAS GRAZAS, VALERIA, MARTA E VALENTINA!

O polbo Tintón.






  ACTIVIDADES REALIZADAS DO PROXECTO DE CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO” – 2º TRIMESTRE Boa tarde, cativiños e cativiñas!   Como ben sabedes...