SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).
Onte tivo lugar a derradeira sesión do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de E.P. Nesta sesión as nenas e nenos presentaron os mundos máxicos inspirados na obra "Incoloro". Nestes mundos o alumnado amosou unha grande imaxinación e creatividade, así como un alto nivel de detalle: mapa con provincias, monumentos, idioma oficial, asignaturas que se dan na escola, éxitos que se escoitan na radio deste país, flora e fauna típica. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver estes detalles:
Como colofón á sesión, o alumnado recibiu un estoxo co logo do club de lectura a modo de agasallo pola súa participación nesta actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario