domingo, 30 de marzo de 2025

RECREO DE TALENTOS: PANDEIRETA

Este venres no recreo de talentos tivemos a sorte de contar coa actuación de Iria e Lucía, alumnas de 6º de E.P. Amosáronnos o ben que cantan as cantigas tradicionais da nosa comarca acompañadas da pandeireta. 


No seguinte vídeo podedes ver o ben que o fixeron:



Desde aquí dámoslles un forte aplauso e  parabéns por manter viva a nosa tradición e cultura.






 

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A AFABER

O alumnado participante no voluntariado de lectura solidario desprazouse ás instalacións de AFABER, en Bértoa, para coñecer esta asociación dedicada ás persoas con Alzhéimer. 


Foi unha xornada moi especial para o noso alumnado e tamén para as persoas usuarias desta asociación. O persoal de Afaber explicoulle ás nenas e nenos o sentido da asociación, o labor que realizan tanto para as persoas usuarias como para as súas familias e as actividades que se fan no día a día.





A continuación tocou poñerse mans á obra e os nenos e nenas colaboraron coas persoas usuarias en tarefas de costura para  elaboración de bolsas e duns raposos moi simpáticos. Estes e outros artigos  están destinados a unha exposicion que se realizará este domingo na feira de Carballo e na cal participan máis asociacións. 

Non nos queremos despedir sen dar as grazas a todo o persoal de Afaber e ás persoas usuarias polo ben que nos acolleron durante esta visita.





  

RECREO DE EXPERTOS/AS: LIBRIÑOS.

No recreo de expertos/as do pasado martes contamos con Irene, de 3º de E.P., que lles ensinou aos nenos e nenas asistentes como facer un libriño empregando materiais moi sinxelos: folios, cores e unha grampadora.


Todo preparado para comezar a elaborar os libriños



 


lunes, 24 de marzo de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).

Na sesión do club de lectura de hoxe o alumnado de 5º e 6º de E.P. comezou a falar do libro que leron para este trimestre: "Wombo Combo", de Paula Carballeira.


Dada a temática do libro, foron comentando os perigos que os nenos e nenas da súa idade poden atopar a diario cando acceden a internet. Ademais foron contestando a algunhas preguntas concretas acerca da historia que se conta na obra (das respostas que deron conclúese que leron todo o libro e que o nivel de comprensión lectora foi moi bo).

Verónica e María, as mestras que levan o club, xa lles foron adiantando ás nenas e nenos as próximas actividades arredor desta lectura: análise de vídeos sobre os perigos da rede, a creación dun avatar persoal e a resolucion dun Kahoot a modo de repaso do libro.





 

OS O.D.S. NA BIBLIOTECA DE TINTÓN: EDUCACIÓN DE CALIDADE.

Hoxe o alumnado que se achegou á biblioteca de Tintón durante o recreo tivo a oportunidade de coñecer un novo  obxectivo de desenvolvemento sostible: a educacion de calidade. A través deste vídeo puideron comprobar que a educación non é algo que estea garantido para tódalas nenas e nenos do mundo; isto é debido a que en moitos casos estes nenos e nenas teñen que traballar desde pequenos ou que as escolas están a moitos quilómetros de distancia.


Ademais reflexionaron sobre o feito de que aínda que teñamos acceso á educación, esta debe ser de calidade, inclusiva e cun número de escolas e profesorado sufiente para atender ás necesidades de cada neno e nena.


Para rematar esta sesión propúxoselle ao alumnado un novo reto: debuxar como sería a súa escola ideal, incluíndo frases relacionadas coa calidade educativa (instalacións adecuadas e seguras, profesorado en cantidade suficiente, materiais variados, etc.).




Do mesmo xeito que na sesión dedicada ao obxectivo fin da pobreza, ofrecéuselle ao alumnado unha serie de recomendacións lectoras:









sábado, 22 de marzo de 2025

RECREO DE TALENTOS: MANEXO DE DRONS.

Este venres no recreo de talentos da nosa biblioteca Daniel, alumno de 4º de Educación Primaria, amosounos a través duns vídeos o que é un dron, como é o seu manexo e as diversas posibilidades á hora de usalo.









SAÍDA AO C.E.E. LENDA EDUCATIVA.

Os nenos e nenas que forman parte do voluntariado de lectura solidario visitaron esta semana o C.E.E. Lenda educativa . No presente curso alumnado deste centro visitou a nosa biblioteca no mes de novembro (Andrea, Suso, Rubén, Tiago e Adam), así que nesta ocasión tocoulle ao noso alumnado achegarse ata o seu centro, situado na parroquia de Ardaña. Cando chegaron foron recibidos polo profesorado e alumnado de Lenda Educativa. Seguidamente propuxéronlles un xogo de pistas baseado no conto "Ratos na escola", para o cal empregaron uns ratiños que lles agasallaron na visita que fixeran en novembro á nosa biblioteca. Foron lendo as pistas ata atopar todos os ratiños e así tamén coñeceron as instalacións de Lenda Educativa.






Ademais do xogo de pistas tíñannos preparada unha sorpresa moi especial: dúas placas de cerámica para personalizar estampando as pegadas do alumnado dos dous centros e así ter un recordo destes momentos compartidos.




A xornada rematou cun partido de fútbol e voleibol e tamén cunha morea de apertas, así como  o desexo de organizar un novo encontro entre as nenas e nenos de ambos centros.



















TINTÓN VIAXEIRO: MINERÍA EN VIMIANZO.

O pasado martes o alumnado de 2º de Educación Primaria visitou unha explotación de minería sostible en Vimianzo e foron acompañados do polbo Tintón. As nenas e nenos visitaron a explotación, tiveron ocasión de plantar unha árbore e tamén modelar figuras cos materiais que se extraen da mina (caolín, mica e areas silíceas).









jueves, 20 de marzo de 2025

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (O.D.S.) NA BIBLIOTECA DO POLBO TINTÓN.

Este luns na biblioteca do noso centro demos inicio a unha actividade relacionada coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. De aquí ata final de curso cada luns presentaráselle ao alumnado un dos obxectivos e tamén un reto.

Para animar aos nenos e nenas a participar o polbo Tintón mandoulles esta carta:

nela explícalle ao alumando que durante o recreo dos luns poden acudir á biblioteca a esta actividade e cada vez que vaian poden ir coleccionando as pegatinas de cada obxectivo; a finais de curso haberá premio para as nenas e nenos que teñan máis pegatinas.


O primeiro dos obxectivos expostos foi o número 1: FIN DA POBREZA. O alumnado viu unha presentación onde se explicaba dito obxectivo e propúxoselles o primeiro dos retos: facer unha lista daquelas cousas que consideran necesarias e daquelas outras que cren que son innecesarias.





Aproveitamos para ofrecervos unhas recomendacións lectoras relacionadas con este obxectivo que tedes ao voso dispor na biblioteca de Tintón:





 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...