SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).
Na sesión do club de lectura de hoxe o alumnado de 5º e 6º de E.P. comezou a falar do libro que leron para este trimestre: "Wombo Combo", de Paula Carballeira.
Dada a temática do libro, foron comentando os perigos que os nenos e nenas da súa idade poden atopar a diario cando acceden a internet. Ademais foron contestando a algunhas preguntas concretas acerca da historia que se conta na obra (das respostas que deron conclúese que leron todo o libro e que o nivel de comprensión lectora foi moi bo).
Verónica e María, as mestras que levan o club, xa lles foron adiantando ás nenas e nenos as próximas actividades arredor desta lectura: análise de vídeos sobre os perigos da rede, a creación dun avatar persoal e a resolucion dun Kahoot a modo de repaso do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario