VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A AFABER
O alumnado participante no voluntariado de lectura solidario desprazouse ás instalacións de AFABER, en Bértoa, para coñecer esta asociación dedicada ás persoas con Alzhéimer.
Foi unha xornada moi especial para o noso alumnado e tamén para as persoas usuarias desta asociación. O persoal de Afaber explicoulle ás nenas e nenos o sentido da asociación, o labor que realizan tanto para as persoas usuarias como para as súas familias e as actividades que se fan no día a día.
A continuación tocou poñerse mans á obra e os nenos e nenas colaboraron coas persoas usuarias en tarefas de costura para elaboración de bolsas e duns raposos moi simpáticos. Estes e outros artigos están destinados a unha exposicion que se realizará este domingo na feira de Carballo e na cal participan máis asociacións.
Non nos queremos despedir sen dar as grazas a todo o persoal de Afaber e ás persoas usuarias polo ben que nos acolleron durante esta visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario