jueves, 19 de junio de 2025

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA.

No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última visita do curso a este centro educativo. 


Placa de cerámica realizada coas pegadas do alumnado de ambos centros.


Foi unha xornada moi especial, na que o alumnado realizou diferentes actividades:

-Fixeron unha árbore coas súas pegadas.

-Compartiron o momento da merenda.

-Xogaron a diferentes xogos de mesa.

-Realizaron unha pequena andaina polos arredores do centro para recoller as sete herbas do San Xoán.

Na seguinte presentación de fotos podedes ver algúns destes momentos:


Aproveitamos para dar as grazas ao persoal e ao alumnado de Lenda Educativa por compartir estes momentos con nós e por acollernos sempre tan ben, e desexando poder manter esta colaboración de cara ao vindeiro curso.
 

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA A DOMUS VI.

Este mércores as nenas e nenos que colaboran coa residencia DOMUS VI, dentro da liña de voluntariado solidario fixeron a derradeira saída do curso a este centro. Foi unha xornada moi especial e divertida, xa que participaron nunha xincana con 5 probas. Despois de completar a xincana fixeron unha árbore coas pegadas das persoas usuarias e o alumnado. Finalmente os nenos e nenas recibiron un diploma de recoñecemento pola súa participación na xincana interxeracional, así como unha serie de xoguetes feitos polas persoas usuarias.



Nos vídeos que aparecen a continuación podedes ver algúns momentos da xincana:






Non nos podemos despedir sen dar as grazas ao persoal de Domus VI e ás persoas usuarias por acollernos sempre tan ben e compartir connosco tantas vivencias e experiencias. Esperamos que o próximo curso poidamos seguir mantendo esta colaboracion.




VOLUNTARIADO SOLIDARIO: AGASALLO DE ÍNTEGRO.

Este luns as nenas e nenos que desenvolveron a liña de voluntariado solidario con  ÍNTEGRO recibiron un agasallo moi especial das persoas usuarias desta asociación: unha montaxe fotográfica con momentos compartidos co alumnado do noso centro, acompañada de mensaxes  de agarimo e agradecemento. 


Ademais cada nena e neno recibiu unha bonita pulseira fabricada polas persoas usuarias da asociación:


Desde aquí dámoslle as grazas a todas as persoas que forman parte de Íntegro por acollernos sempre tan ben e desexamos que o próximo curso poidamos seguir mantendo esta colaboración.





 



miércoles, 18 de junio de 2025

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS AO ALUMNADO DE VOLUNTARIADO.

Este martes foi un día moi especial na biblioteca de Tintón, pois fíxose entrega ao alumnado que participa nalgunha das tres liñas de voluntariado: de lectura, solidario e de biblioteca. Cada neno e nena recibiu un diploma e un ou varios agasallos en función de se o seu voluntariado era dunha, dúas ou tres liñas. Desde aquí dámoslles un forte aplauso e agradecémoslles a participación e implicación amosada ao longo de todo o curso.











VOLUNTARIADO DE LECTURA: SESIÓN DE DESPEDIDA.

Este martes o alumnado de 5º e 6º de E.P. que participou no voluntariado de lectura despediuse do seu público lector (alumnado de E.I. e de 1º e 2º de E.P.). Foi unha sesión chea de emocións e de mostras de agradecemento. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver algúns dos agasallos que os máis pequenos lles fixeron aos compañeiros dos últimos cursos de E.P. 















SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (2º CICLO).

As nenas e nenos de 3º e 4º de E.P. puxeron o broche final ao club de lectura representando algunhas esceas do libro que leron durante este trimestre: "Al teatro con Rodari". Neste vídeo podedes ver un pequeno fragmento:


Unha vez rematada a representación teatral o alumnado recibiu un agasallo pola súa participación no club de lectura durante este curso: un estoxo decorado co logo do club que eles mesmos crearon.







martes, 17 de junio de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).

Onte tivo lugar a derradeira sesión do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de E.P. Nesta sesión as nenas e nenos presentaron os mundos máxicos inspirados na obra "Incoloro". Nestes mundos o alumnado amosou unha grande imaxinación e creatividade, así como un alto nivel de detalle: mapa con provincias, monumentos, idioma oficial, asignaturas que se dan na escola, éxitos que se escoitan na radio deste país, flora e fauna típica.  Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver estes detalles:







Como colofón á sesión, o alumnado recibiu un estoxo co logo do club de lectura a modo de agasallo pola súa participación nesta actividade.










RECREO DE TALENTOS: HÓCKEY.

O pasado venres no recreo de talentos da biblioteca de Tintón contamos con Noel e Gael, alumnos de 4º de E.P., que viñeron falarnos sobre o hockey.


Ensináronnos a equipación,, o material co que xogan, explicaron as regras e a colocación dos xogadores no campo. Tamén exemplificaron a colocación do stick para xogar. Desde aquí dámoslles un forte aplauso por achegarnos a este deporte.








 

viernes, 13 de junio de 2025

ANDAINA DO CLUB DE LECTURA.

Este venres o alumnado do club de lectura, tanto do 2º como do 3º ciclo de E.P. realizaron unha andaina pola contorna do río Anllóns (tramo de A Porcariza a Vilaverde). O polbo Tintón non podía perder esta ocasión de acompañar a estes nenos e nenas lectores.












 

TINTÓN VIAXEIRO: PRAIA DA SEIRUGA.

Este xoves 12 de xuño o polbo Tintón volveu de excursión co alumnado de Educación Infantil do noso centro; nesta ocasión acompañou ás nenas e nenos de 5º e 6º  á praia da Seiruga (Malpica).






 

miércoles, 11 de junio de 2025

TINTÓN VIAXEIRO: ACUARIUM FINISTERRAE.

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro fixo unha saída ao acuario da Coruña e, como non, Tintón tiña que ir a ver aos seus amigos do mar. Aquí o tedes no exterior das instalacións:










 

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (2º CICLO).

Este mércores tivo lugar na nosa biblioteca a penúltima sesión do club de lectura do alumnado de 3º e 4º de E.P. Como xa vos vimos contando en entradas anteriores, a obra que están a ler pertence ao xénero dramático ("Al teatro con Rodari"); e que mellor maneira de poñer a proba a súa comprensión lectora que representando algunhas das obras que aparecen neste libro. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver ás nenas e nenos en pleno ensaio da obra "El traje nuevo del emperador".






 

AS PROFESIÓNS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN.

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, na biblioteca de Tintón estes días están tendo lugar encontros con familias de alumnado de 1º de E.P. que nos veñen a falar das súas profesións. 

No día de hoxe contamos cunha nai que traballa nun hipermercado. Falounos do seu traballo pero tamén fixo algo tan importante como concienciarnos sobre a importancia de non desperdiciar os alimentos, así como facer un consumo responsable tanto de alimentos como de outro tipo de produtos que se venden no seu centro de traballo. Desde aquí dámoslle as grazas por achegarse ata a nosa biblioteca!

 










VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...