viernes, 8 de mayo de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: UKELELE E FRAUTA

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos coas actuacións musicais de Mencía e Rosalía, ambas as dúas alumnas de 4ºC de EP.

 

Comezaron, cunha pequena peza musical, tocando as dúas a frauta.


Logo, Mencía tocou o ukelele e Rosalía, a frauta. Desenvolveron actuacións conxuntas, así como individuais.

 


 

 

Foi un agasallo para os oídos de todos os presentes. Quedamos todos marabillados/as!

 

Noraboa ás dúas e grazas por desenvolver unhas grandísimas actuacións! Esperamos vervos de volta pronto!

 

 

MOITAS GRAZAS, MENCÍA E ROSALÍA!

O polbo Tintón.

jueves, 7 de mayo de 2026

 

MES DE MAIO DE 2026

Aquí tedes o calendario deste mes de maio, no que poderedes consultar todas as actividades que desenvolveremos na biblioteca ao longo do mesmo.

 


     A maiores, o venres 29 de maio, contaremos cunha actuación musical no recreo de talentos. Xoel, alumno de 4ºA de EP, tocaranos unha peza musical coa trompeta.



APERTAS!

O polbo Tintón.



jueves, 23 de abril de 2026

 

23 de abril: DÍA DO LIBRO

No día de hoxe, 23 de abril, conmémorase o DÍA DO LIBRO. Pero sabíades por que se fai nesta data concreta?

A orixe deste día remóntase a 1926. En 1616, tiñan lugar os pasamentos de dous autores transcendentais, Cervantes e Shakespeare. Tamén un 23 de abril, naceron ou faleceron escritores eminentes como Maurice Druon, Vladimir Nabokov ou Josep Pla.

Por todo isto, esta data foi a escollida pola UNESCO para rendirlle homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e autoras, ademais de alentar aos máis mozos e mozas a descubrir o pracer pola lectura.



          Tamén vos agasallamos coa postal que compartiu a rede de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA para conmemorar esta data tan especial.





                                                                                           O polbo Tintón.
 

martes, 21 de abril de 2026

 

RECREO DE EXPERTOS: CREACIÓN DUNHA PÁXINA WEB

 

No día de hoxe, os alumnos de 5ºC de EP, Sergio Martínez e Sergio Rojo, explicaron como crear unha páxina web de maneira moi sinxela.

Como primeiro paso, debemos dirixirnos á páxina web SITES GOOGLE DRIVE, que é unha plataforma de deseño de páxinas web.

 



           Debemos rexistrarnos cunha conta de correo electrónico en formato GMAIL.

           A continuación, concretaron que podemos partir dunha plantilla en branco ou dun modelo de plantilla xa elaborada, para despois ir modificándoa.

          Usaron unha plantilla de modelo e ensináronos como poder introducir/cambiar elementos, entre outros, como:

-       Título da páxina web.

-       Creación de apartados ou ámbitos.

-       Como subir imaxes.

-       Como crear enlaces a outras páxinas web.

-       Tema ou fondo para a páxina web.

 



 


 

Finalizaron a exposición, mostrándonos unha páxina web que crearon eles dous en colaboración con outras persoas.

 


 

Grazas por explicar todo de maneira tan sinxela e simple, rapaces! Pensabamos que crear unha páxina web era complicadísimo, pero grazas a vós xa sabemos que non.

 

 

MOITAS GRAZAS, Sergio Martínez e Sergio Rojo!

O polbo Tintón.

miércoles, 8 de abril de 2026

 ACTIVIDADES REALIZADAS DO PROXECTO DE CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO” – 2º TRIMESTRE

Boa tarde, cativiños e cativiñas!

 

Como ben sabedes, o proxecto do noso colexio, ao longo deste curso académico, chámase “CÓNTAME UN CONTO”, o cal foi presentado na nosa marabillosa biblioteca, a comezos de curso.

Neste 2º trimestre, os distintos grupos-aula traballaron e afondaron arredor dos CONTOS CLÁSICOS.

 

 Velaquí podedes ver e escoitar os traballos e realizados por cada aula, clicando na seguinte imaxe:



               

                 Esperamos que os desfrutedes tanto coma os nenos/as que as crearon!

                No 3º e derradeiro trimestre, abordaremos os CONTOS DOUTRAS CULTURAS ou CONTOS DO MUNDO. 

                 

                   Non volo perdades!

 

 

 

APERTAS!

O polbo Tintón.


 



lunes, 6 de abril de 2026

 

MES DE ABRIL DE 2026

 

Aquí tedes o calendario deste mes de abril, no que poderedes consultar todas as actividades que desenvolveremos na biblioteca ao longo do mesmo.

 




APERTAS!

O polbo Tintón.

 



 

 


jueves, 26 de marzo de 2026

 

VISITA DE XOSÉ BALLESTEROS E MANUELA RODRÍGUEZ

No día de hoxe, contamos no centro coa visita do gran Xosé Ballesteros e da gran Manuela Rodríguez, ambos cofundadores da editorial KALANDRAKA. Esta visita estaba dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.


Contáronnos varios contos, como "Tío lobo", "A que sabe a Lúa?", "Los tres cerditos" ou "O coelliño branco".




Así mesmo, tamén resolveron todas as dúbidas dos máis pequenos/as, como...

  • Por que os 3 porquiños quedaron a vivir xuntos na mesma casa para sempre?
  • Carmela queda dentro do lobo ou consegue escapar?

Grazas pola vosa visita, Xosé e Manuela, polo voso agarimo e por facernos desfrutar tanto dos contos! A cativada pasouno en grande! E os maiores (mestras)... tamén!


Ata a próxima!

Apertas!

O polbo Tintón.






 

  RECREO DE TALENTOS: UKELELE E FRAUTA No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos coas actuacións musicais de M...