martes, 11 de noviembre de 2025

 

RECREO DE EXPERTOS: XADREZ

No día de hoxe, martes 11 de novembro de 2025, deron comezo os recreos de expertos.

Ao igual que o curso pasado, cada martes un ou varios alumnos/as do noso centro educativo impartirán un pequeno obradoiro sobre un ámbito ou área.

Hoxe, os alumnos Thiago (3ºA), Mateo e Hugo (3ºB), xunto con Mario (6ºD) impartiron un obradoiro de xadrez.

Comentaron a colocación das pezas, así como o movemento que pode realizar cada figura.

Logo, iniciaron distintas partidas para ver ademais de primeira man diferentes estratexias e tácticas.

 


Como se nos quedou o tempo moi curto e como os expertos querían dar explicacións a un nivel máis intermedio e experto, realizaremos nas vindeiras semanas unha actividade realizada co xadrez. Estade atentos/as!


MOITAS GRAZAS, THIAGO, MATEO, HUGO E MARIO!

O polbo Tintón.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREO DE EXPERTOS: XADREZ No día de hoxe, martes 11 de novembro de 2025, deron comezo os recreos de expertos. A...