domingo, 17 de marzo de 2024

RECREO DE TALENTOS: MAXIA

No recreo deste venres as nenas e nenos tiveron a posibilidade de gozar dunha sesión de maxia a cargo das alumnas de 2º de Educación Primaria: Manuela, Ana, Emma, Carolina, Claudia, Mayra, Camila e Valeria.


Nos vídeos que aparecen a continuación podedes ver os diferentes trucos realizados por estas nenas.




















 

 RECREO DE EXPERTOS/AS: TAEKWONDO

Un martes máis, o alumnado que asistiu durante o recreo á biblioteca do polbo Tintón puido gozar dunha demostración de expertos. Neste caso foron Ander e Nico, alumnos de 6º de Eduación Primaria, os encargados de ensinarnos algunhas das técnicas dunha arte marcial: o taekwondo.
















Despois de ver unha serie de movementos que  executaron moi ben Nico e Ander, estes pediron nenos e nenas voluntarias de entre o público que quixesen  practicalos.







 CLUB DE LECTURA

O luns 11 de marzo tivo lugar a segunda sesión do club de lectura "O océano dos libros". O alumnado que forma parte do mesmo leu a obra "Microalgas". O obxectivo desta sesión foi a análise posterior á lectura. Para iso as mestras encargadas de dinamizar o club, María e Yolanda, elaboraron un Kahoot con diversas cuestións en relación a esta obra.






















Posteriormente as nenas e nenos falaron da propia experiencia da lectura; coincidiron en que lles agradou moito, así como  que ao rematar o libro quedaron con gañas de continuar esta aventura e mergullarse na segunda e terceira parte desta banda deseñada. Xa que na bilioteca de Tintón contamos con exemplares da continuación desta obra de Xulia Pisón, o alumnado do club de lectura pode seguir gozando destas lecturas que tanto interese espertaron.


Ao longo da sesión tamén houbo tempo para ver outras obras relacionadas coa temática que trata "Microalgas", así como para centrarse en aspectos máis concretos como a análise das personaxes que aparecen no libro.





martes, 5 de marzo de 2024

RECREO DE TALENTOS: REGUEIFA.

No recreo do primeiro venres do mes de marzo o alumnado que se achegou á biblioteca de Tintón durante o recreo puido gozar do talento de Diego e Tirso, alumnos de 5º de Educación Primaria. Estes nenos amosaron unha enorme imaxinación e capacidade de improvisación á hora de crear algo tan vencellado á comarca de Bergantiños como é a regueifa. O público asistente tamén participou ofrecendo palabras para que Tirso e Diego fosen creando versos da regueifa. 

No vídeo que aparece a continuación podedes apreciar todo o talento destes dous alumnos do noso centro.






RECREO DE EXPERTOS/AS: DEBUXO DE BANDA DESEÑADA.

Na biblioteca de Tintón seguen os recreos de expertos/as e neste primeiro martes de marzo o alumnado puido coñecer técnicas para facer debuxo de banda deseñada, concretamente do xénero manga. O alumno encargado de impartir o obradoiro foi Fran, de 6º de Educación Primaria.


 

Na foto da parte superior podemos ver todo o material preparado para o obradoiro de debuxo.














Nestas tres fotos podemos observar o desenvolvemento do obradoiro.




MES DAS CIENCIAS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN Durante o presente mes de novembro celébrase o Mes das Ciencias e na biblioteca do polbo Tintón est...