RECREO DE EXPERTOS/AS: TAEKWONDO
Un martes máis, o alumnado que asistiu durante o recreo á biblioteca do polbo Tintón puido gozar dunha demostración de expertos. Neste caso foron Ander e Nico, alumnos de 6º de Eduación Primaria, os encargados de ensinarnos algunhas das técnicas dunha arte marcial: o taekwondo.
Despois de ver unha serie de movementos que executaron moi ben Nico e Ander, estes pediron nenos e nenas voluntarias de entre o público que quixesen practicalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario