sábado, 31 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO: RACHANDO CO GUIÓN.

Este venres a biblioteca de Tintón acolleu un obradoiro de teatro dirixido a todo o alumnado que participou ao longo deste curso nalgunha das tres liñas de  voluntariado coas que conta a nosa biblioteca: solidario, de biblioteca e de lectura.

O obradoiro foi impartido por A xanela do maxín e levaba por título "Rachando co guión". Durante o obradoiro representáronse esceas relacionadas coa desigualdade que aínda existe a día de hoxe no reparto das tarefas domésticas entre homes e mulleres, así como as diferenzas salariais, os micromachismos, etc. O alumnado tivo ocasión de dar a súa opinión e debater sobre estes temas.




Para a posta en escena da representación houbo alumnado que manexou os monicreques, mentres que outros nenos e nenas estiveron a cargo da mesa de son. 
Nos vídeos que aparecen a continuación podedes ver unha pequena mostra do resultado do obradoiro.








RECREO DE TALENTOS: IMPROVISACIÓN DE BAILE.

Este venres no recreo de talentos tivemos unha sesión de improvisación de baile. Nos vídeos que aparecen a continuacion podedes ver a Fabio, Katia, Ana e Sofía, de 5º de E.P. 



Despois destes bailes algúns nenos e nenas de 5º de E.P. animáronse a facer un baile hindú.














 

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A ASPABER. 

O mércores 28 de maio o alumnado que participa na liña de voluntariado solidario fixo unha saída ás instalacións de ASPABER. Nesta ocasión as nenas e nenos colaboraron coas persoas usuarias desta asociación para facer coellos de escaiola e tamén un pompón que os adornaba. Cando remataron o traballo o alumnado e as persoas usuarias xogaron unha pachanga de fútbol da que gozaron enormemente.

Durante a xornada o noso alumnado tamén  lles fixeron entrega aos usuarios e usuarias de ASPABER duns agasallos a modo de agradecemento pola colaboración que nos brindaron durante este curso.












SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DO 2º CICLO DE E.P.

O alumnado que forma parte do club de lectura de 3º curso de E.P. tivo unha nova sesión o pasado martes. Recordamos que o libro que están a ler é "Al teatro con Rodari". Trátase dunha historia moi divertida que pertence ao xénero teatral, así que, ademais de comentar o que levan lido ata o de agora, houbo algunhas nenas que se animaron a representar algunhas das historias que aparecen nesta obra.







TINTÓN VIAXEIRO: SAÍDA AO MELGA E Á PRAIA DE BALARÉS.

O pasado martes 27 de maio o alumnado de 2º de E.P. levou a Tintón de viaxe ata o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia). 


Despois da visita ao museo o alumnado gozou da natureza na praia de Balarés.









lunes, 26 de mayo de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).

No día de hoxe o alumnado de 5º e 6º de E.P. tivo unha nova sesión do club de lectura. Como xa comentamos en entradas anteriores do blog, o libro que están a ler agora mesmo titúlase "Incoloro". Ao longo da sesión de hoxe as nenas e nenos xa traían a lectura concluída, polo que se dedicou a sesión a comentalo de maneira oral a través dunha serie de preguntas que centrasen o momento da conversa sobre o libro.











OS O.D.S. NA BIBLIOTECA DE TINTÓN: ACCIÓN POLO CLIMA.

Como cada luns, a bilioteca de Tintón acolleu unha nova sesión explicativa sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (O.D.S.). Hoxe foi o momento de falar do obxectivo número 13: a acción polo clima. Se queredes saber máis sobre este obxectivo premede AQUÍ. 

 


Despois de ver o vídeo estiveron debatindo acerca do que podemos facer para frenar o cambio climático.


A tarefa proposta foi a que aparece a continuación:


Aproveitamos esta entrada para amosar algúns dos logos que crearon os nenos e nenas en relación á tarefa proposta a semana pasada cando se tratou o O.D.S. dos ecosistemas terrestres:











RECREO DE TALENTOS: SESIÓN DE MAXIA.

No recreo de talentos do pasado venres a biblioteca de Tintón recibiu a Ylenia e Daniela, alumnas de 4º de E.P., que sorprendeu ao alumnado asistente cunha sesión de maxia.

 



No vídeo que aparece a continuación podedes ver algún dos seus trucos coas cartas. Dámoslle un forte aplauso a cada unha!.





RECREO DE EXPERTOS/AS: TEORÍA DA EVOLUCIÓN.

A pasada  semana tivemos dobre sesión de recreo de expertos/as. Xan (alumno de 4º de E.P.) e Julio (alumno de 6º de E.P.) fixeron  o xoves unha presentación sobre a teoría da evolución. Nesta presentación falaron das diferentes eras xeolóxicas, así como dos fósiles. Entre outras moitas cousas, explicaron que o velociraptor é un antepasado das galiñas. 



Dámoslles un aplauso ben grande por explicarnos tantas curiosidades  achegar aos seus compañeiros e compañeiras  ao coñecemento  científico  dun xeito tan ameno.








VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA DA ASOCIACIÓN ÍNTEGRO.

O pasado xoves recibimos no noso centro a visita de varias persoas usuarias da asociacion ÍNTEGRO. Nesta ocasión a visita consistiu nunha xornada distendida onde o alumnado do noso centro que participa como voluntario na liña de voluntariado de lectura solidario compartiu unha sesión de xogos no exterior: fútbol, bolos e voleibol. Podedes ver como gozaron da xornada nas fotos que aparecen seguidamente:









RECREO DE EXPERTOS/AS: XIMNASIA RÍTMICA.

No recreo de expertos/as do pasado martes contamos coa presenza de Adriana e Alba, alumnas de 3º de E.P., as cales explicaron ao alumnado asistente diferentes rutinas e exercicios de ximnasia rítmica. Un forte aplauso para estas dúas deportistas!.










SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (2º CICLO DE E.P.).

Na sesión do club de lectura do pasado mércores correspondente ao alumnado de 3º e 4º de E.P. realizáronse dúas actividades: 

-A presentación de dúas das habitacións secretas (neste caso foron  Román e Mayra  quen nos amosaron as habitacións que crearon).






-Ademais o alumnado comentou a lectura das primeiras páxinas do libro que están a ler actualmente (recordamos que se trata de "Al teatro con Rodari"). Tomaron o acordo de ler ata a páxina número 46 para a próxima sesión do club de lectura.



 

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A AFABER.

O pasado mércores o alumnado de 5º de E.P. dos grupos B e C que participa na liña de voluntariado de lectura solidario fixo unha saída á asociación AFABER de Carballo. Nesta ocasión a visita consistiu na colaboración coas persoas usuarias desta asociación para a elaboración de elementos decorativos propios da celebración dos maios. 



Esta actividade enmárcase dentro dun proxecto de colaboración da asociación AFABER coa empresa INDITEX.












VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...