sábado, 31 de mayo de 2025

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A ASPABER. 

O mércores 28 de maio o alumnado que participa na liña de voluntariado solidario fixo unha saída ás instalacións de ASPABER. Nesta ocasión as nenas e nenos colaboraron coas persoas usuarias desta asociación para facer coellos de escaiola e tamén un pompón que os adornaba. Cando remataron o traballo o alumnado e as persoas usuarias xogaron unha pachanga de fútbol da que gozaron enormemente.

Durante a xornada o noso alumnado tamén  lles fixeron entrega aos usuarios e usuarias de ASPABER duns agasallos a modo de agradecemento pola colaboración que nos brindaron durante este curso.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREO DE TALENTOS: TRUCOS DE MAXIA   No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con alumnas e alumnos de 2º ...