domingo, 21 de septiembre de 2025

 

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

    Do mesmo xeito que viñemos facendo o pasado curso, darémoslle continuidade á participación da biblioteca do noso centro na iniciativa "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS".

    Esta actividade está dirixida a toda a rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria que se anime a participar en calquera das tres liñas do programa: "Recreos", "Lectura aos peques" e "Lectura solidaria".

    Desde aquí, animámosvos a participar nesta iniciativa que tan boa acollida tivo o curso pasado tanto dentro como fóra da comunidade educativa.

    Na seguinte infografía atoparedes toda a información:

 




 

 

Apertas!

O polbo Tintón



 

A NOSA BIBLIOTECA NAS REDES SOCIAIS


    Co obxectivo de dar a coñecer as diversas actividades que se levan a cabo na nosa biblioteca, recordamos que contamos con contas nas redes sociais de FACEBOOK E INSTAGRAM. 

    É moi sinxelo atoparnos; buscade "Polbo tintón" ou "a_biblioteca_do_polbo_tinton".

 

 

 


 


 

         Se aínda non nos seguides, animádevos e deixade algún 👍 e   💜!

 

 

             Saúdos.

            O polbo Tintón 




 

viernes, 19 de septiembre de 2025

 

COMO FUNCIONA A BIBLIOTECA DO POLBO TINTÓN?

 

Como sei que algún ou algunha de vós estará interesado/a en coñecer máis sobre o  funcionamento da nosa biblioteca, velaquí vos comparto un enlace, onde poderedes observar e coñecer de primeira man todas as tarefas e actividades que desenvolvemos desde a biblioteca:

https://view.genially.com/68b48a6b76c8a6693d4cdf19/interactive-content-biblioteca-do-polbo-tinton

 

Bule e clica nel!

 

APERTAS!

O polbo Tintón.

 


 

 

BENVIDA AO CURSO 2025-2026!

 

    Polo que poderedes observar, ando aproveitando os meus últimos días de descanso na praia. Pero non vos preocupedes, porque non me olvidei de todos/as vós! Como podería facer tal cousa…

    Os meus amiguiños/as da escola estanme a botar unha man concretando os últimos detalles para a apertura da nosa GRAN BIBLIOTECA. En breve, anunciaremos a súa reapertura ao público. Estade atentos/as!

 

    Para que a espera se vos faga algo máis levadeira, déixovos unhas cantas novidades e anuncios importantes:

  •       Esta semana rematamos de montar as caixas con libros da biblioteca para que TODAS as aulas poidan ter os exemplares que máis lles interese nas súas aulas.
  •  A vindeira semana (do 22 ao 26 de setembro), fareilles chegar unha carta aos meus queridos/as voluntarios/as para que poidan seguir axudando na lectura aos máis pequenos, colaborando con asociacións externas, así como botando unha man na biblioteca ao longo dos recreos!
  •  Cada aula xa puido anotarse para poder desfrutar dunha sesión semanal da biblioteca para eles/as sós/soas. Que marabilla!

 

 

    Pero isto só é o comezo.

    En breve, volverei con máis novidades!

 

 

VÉMONOS PRONTIÑO, AMIGUIÑOS/AS!

O polbo Tintón.

 






CLUB DE LECTURA: 4º DE EP Boa tarde, rapaces e rapazas! No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa d...