BENVIDA
AO CURSO 2025-2026!
Polo que poderedes observar, ando aproveitando os meus últimos días de descanso na praia. Pero non vos preocupedes, porque non me olvidei de todos/as vós! Como podería facer tal cousa…
Os meus amiguiños/as da escola estanme a botar unha man concretando os últimos detalles para a apertura da nosa GRAN BIBLIOTECA. En breve, anunciaremos a súa reapertura ao público. Estade atentos/as!
Para que a espera se vos faga algo máis levadeira, déixovos unhas cantas novidades e anuncios importantes:
- Esta semana rematamos de montar as caixas con libros da biblioteca para que TODAS as aulas poidan ter os exemplares que máis lles interese nas súas aulas.
- A vindeira semana (do 22 ao 26 de setembro), fareilles chegar unha carta aos meus queridos/as voluntarios/as para que poidan seguir axudando na lectura aos máis pequenos, colaborando con asociacións externas, así como botando unha man na biblioteca ao longo dos recreos!
- Cada aula xa puido anotarse para poder desfrutar dunha sesión semanal da biblioteca para eles/as sós/soas. Que marabilla!
Pero isto só é o comezo.
En breve, volverei con máis novidades!
VÉMONOS PRONTIÑO, AMIGUIÑOS/AS!
O polbo Tintón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario