lunes, 27 de octubre de 2025



CLUB DE LECTURA: 4º DE EP

Boa tarde, rapaces e rapazas!

No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa dos clubs de lectura.

Hoxe, comezou esta andaina o club de lectura de 4º de EP, guiado pola mestra María José Zas Lista. Dito club conta con 17 alumnos/as e desenvolverán encontros semanais todos os luns, durante o Proxecto Lector.

Empezaron falando dos obxectivos e dos compromisos desta dinámica de traballo, así como dos libros que lerán ao longo deste curso.

 

 

 

 

 

Remataron a sesión, cumplimentando un carné, o cal os identificará como membros deste club.

 

 

 

Saúdos!

O polbo Tintón.

 


 


viernes, 24 de octubre de 2025

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO” - ACTUACIÓN COMPLETA

 

Boa tarde, meniños/as e familias!

Como xa vos contei na miña anterior publicación, o martes 21 de outubro desvelamos o proxecto do noso centro educativo para o presente curso académico, chamado "Cóntame un conto".

Velquí podedes ver a actuación completa desenvolta polas grandísimas mestras Laura Rodríguez Fariña (3ºB) e Verónica Quintero Castro (3ºC), clicando na seguinte imaxe:

 


 

Desfrutade da súa actuación, tanto como o fixemos nós!

 

    Apertas!

O polbo Tintón

miércoles, 22 de octubre de 2025

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO”

 

Boa tarde, cativiños e cativiñas!

No día de onte, vivimos un día cheo de ledicia, sorrisos e sorpresas. Por fin, desvelamos o proxecto do noso centro educativo para o presente curso académico, chamado "Cóntame un conto".

As encargadas de levar a cabo a presentación foron as titoras de Educación Primaria Laura Rodríguez Fariña (3ºB) e Verónica Quintero Castro (3ºC), membros ambas as dúas do Equipo de Biblioteca do centro.

 

Comezaron recordando o proxecto do curso pasado, sobre a figura de Julio Verne.

Prepararon e desenvolveron unha pequena obra teatral, na que se realizaba unha viaxe ao pasado, hai uns 100 anos, onde a vida non se rexía polas novas tecnoloxías.

 


Na obra, podíamos ver a unha avoa, Teresa, intentando contarlle un conto ás súas netas, a cal era interrompida continuamente por un dos irmáns Grimm. Así, pouco a pouco foron desvelando a temática do centro e en que nos centraremos ao longo de cada trimestre:

1º TRIMESTRE: contos de tradición oral.

2º TRIMESTRE: contos clásicos.

3º TRIMESTRE: contos doutros países e culturas.

 

Velaquí podedes ver parte da súa grandísima actuación, clicando na seguinte imaxe:

 

            Por último, visionamos un vídeo sobre a temática do proxecto, elaborado polo Equipo de Biblioteca. Podedes velo a continuación:

 


                Pedimos desculpas pola calidade dos vídeos, xa que houbo que comprimilos para poder subilos a esta publicación.

 

            Desde aquí, gustaríanos agradecer o gran esforzo levado a cabo por Laura e Verónica, así como eloxiar a súa imaxinación, creatividade e paixón polo seu traballo e en cada tarefa que levan a cabo. Grazas, de corazón!


            Agora, tócavos a vós, aos nenos e nenas, poñervos mans á obra!

 

APERTAS!

O polbo Tintón.



viernes, 17 de octubre de 2025


REAPERTURA DA BIBLIOTECA

 

Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas!

Traio fantásticas novas para todos vós! A vindeira semana, reabre a biblioteca do noso centro educativo e faino por todo o alto! Presentarase o proxecto que desenvolveremos no colexio ao longo deste curso. Esperamos que vos encante, tanto coma a nós!

Velaquí podedes consultar a organización dos días para que as distintas aulas coñezan o proxecto:

 



 

            Así mesmo, O MARTES 21, A BIBLIOTECA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS DURANTE OS RECREOS! Contamos convosco, xa que sen vós a biblioteca non tería sentido.

 

            Por último, déixovos algunhas das actividades que iniciaremos a finais deste mes de outubro, como son os clubs de lectura de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

 



            Xa vos dixen que viña cargadiño de novidades! Vémonos prontiño.

 

APERTAS!

O polbo Tintón.




miércoles, 1 de octubre de 2025

 

REPARTO DE CARTAS AO ALUMNADO: TALENTOS, EXPERTOS E VOLUNTARIOS

 

Esta semana, os meus axudantes colaboraron comigo para poder facer o reparto das distintas cartas para poder poñer en marcha as diferentes actividades que organizamos desde a biblioteca.

Repartiron cartas aos posibles voluntarios/as e a todo aquel alumnado que queira participar en “Talentos e expertos”.

 

VOLUNTARIOS/AS: poden ser de tres tipos.

1.    Voluntarios/as de recreo: axudan unha vez á semana, no recreo, no quefacer diario da nosa biblioteca.

2.    Voluntarios/as de lectura aos pequenos/as: unha vez ao mes, irán a lerlle aos nenos/as de Ed. Infantil e 1º ciclo de EP.

3.    Voluntarios/as solidarios/as: colaborarán cunha das asociacións que eles/as mesmos/as escollan.

 

 

 


 

 

 

TALENTOS E EXPERTOS:

1.    Talentos: actuar na biblioteca amosando algunha habilidade ou destreza nalgún ámbito.

2.    Expertos: impartir un obradoiro.

 


 

 

    Moitas grazas, de antemán, pola vosa colaboración. Vémonos prontiño!

 

 

APERTAS!

O polbo Tintón.

 



 

 

CADRO-RESUMO DA ASIGNACIÓN DA HORA DE BIBLIOTECA

 

Aquí tedes un cadro onde aparece que sesión se lle asignou a cada unha das aulas do noso centro para que poida desfrutar para ela soa da biblioteca!

Desfrutade moito da vosa sesión semanal na biblioteca, nenos e nenas! 

Recordade manteala ordeada!

 


APERTAS!

O polbo Tintón.

 


 

CLUB DE LECTURA: 4º DE EP Boa tarde, rapaces e rapazas! No día de hoxe, botou a andar un curso máis a iniciativa d...