PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO”
Boa tarde, cativiños e cativiñas!
No día de onte, vivimos un día cheo de ledicia, sorrisos e
sorpresas. Por fin, desvelamos o proxecto do noso centro educativo para o presente
curso académico, chamado "Cóntame un conto".
As encargadas de levar a cabo a presentación foron as titoras de Educación Primaria Laura Rodríguez Fariña (3ºB) e Verónica Quintero Castro (3ºC), membros ambas as dúas do Equipo de Biblioteca do centro.
Comezaron recordando o proxecto do curso pasado, sobre a figura
de Julio Verne.
Prepararon e desenvolveron unha pequena obra teatral, na que se realizaba unha viaxe ao pasado, hai uns 100 anos, onde a vida non se rexía polas novas tecnoloxías.
Na obra, podíamos ver a unha avoa, Teresa, intentando contarlle un conto ás súas netas, a cal era interrompida continuamente por un dos irmáns Grimm. Así, pouco a pouco foron desvelando a temática do centro e en que nos centraremos ao longo de cada trimestre:
1º TRIMESTRE: contos de tradición oral.
2º TRIMESTRE: contos clásicos.
3º TRIMESTRE: contos doutros países e culturas.
Velaquí podedes ver parte da súa grandísima actuación, clicando na seguinte imaxe:
Por último, visionamos un vídeo sobre a temática do proxecto, elaborado polo Equipo de Biblioteca. Podedes velo a continuación:
Pedimos desculpas pola calidade dos vídeos, xa que houbo que comprimilos para poder subilos a esta publicación.
Desde aquí, gustaríanos agradecer o gran esforzo levado a cabo por Laura e Verónica, así como eloxiar a súa imaxinación, creatividade e paixón polo seu traballo e en cada tarefa que levan a cabo. Grazas, de corazón!
Agora, tócavos a vós, aos nenos e nenas, poñervos mans á obra!
APERTAS!
O polbo Tintón.


No hay comentarios:
Publicar un comentario