miércoles, 20 de diciembre de 2023

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!!!

Durante o presente mes de decembro a biblioteca do polbo Tintón puxo en marcha dúas iniciativas solidarias: recollida de xoguetes novos a beneficio da Fundación Amigos de Galicia e recollida de produtos de alimentación e hixiene a beneficio da Cruz Vermella.

Ambas iniciativas tiveron moi boa acollida por parte da comunidade educativa, polo que desde aquí damos as grazas pola solidaridade amosada polas familias do alumnado, o persoal non docente e o equipo educativo do CEIP Bergantiños.

Hai que destacar que fomos notica na prensa local en relación á recollida de xoguetes, coa seguinte noticia publicada na Voz de Galicia o pasado 26 de novembro:

Podedes ler a noticia AQUÍ 


Nestas fotos podedes ver a cantidade de xoguetes recollidos aos poucos días de comezar esta inicitiva:














En canto á iniciativa consistente na recollida de alimentos e produtos de hixiene a beneficio da Cruz Vermella de Carballo, podemos dicir que foi todo un éxito. Nesta ocasión o alumnado intercambiou estes produtos por libros descatalogados da biblioteca. Nos seguintes vídeos pódese apreciar a grande cantidade de produtos que foron doados:



Estes produtos foron recollidos o día 20 de decembro no noso centro por persoal da Cruz Vermella.














jueves, 14 de diciembre de 2023

 DESCUBRINDO O CALENDARIO DE ADVENTO DE TINTÓN

Estes días xa podemos ver algúns dos novos títulos que ten o polbo Tintón nos  seus tentáculos, pois xa se comezaron a desempaquetar os libros que funcionan  a modo de día do calendario de advento. Cada vez queda un pouco menos para que chegue o 21 de decembro, que é o día que rematan as clases e comezamos un máis que merecido descanso, e poder descubrir os novos libros dos que poderemos gozar na nosa biblioteca.

                                                                       




















MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS 

Ao longo desta semana a biblioteca do polbo Tintón puxo en marcha un mercado solidadrio con fondos descatalogados. A través desta iniciativa o alumnado, así como calquera outra persoa da comunidade educativa pode cambiar produtos de alimentación e hixiene por un libro. Estes produtos serán doados á Cruz Vermella.

Durante a pasada semana a comunidade educativa foi informada a través de diversas canles: circular informativa, web do centro, redes sociais, avisos por AbalarMóbil, etc. A continuación podedes ver fotos da circular informativa:





 









Hai que sinalar que a proposta tivo unha moi boa acollida por parte de toda a comunidade educativa e finalmente recaudouse un número importante de produtos. Desde aquí queremos das as grazas a todas as persoas que participaron doando estes produtos de primeira necesidade.

Na seguinte presentación de fotos  aparece o alumnado máis cativo do noso centro (3 anos) participando nesta iniciativa solidaria:




                









martes, 5 de diciembre de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O pasado domingo 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Na biblioteca do polbo Tintón sumámonos a esta iniciativa cunha serie de recomendacións lectoras relacionadas co mundo da diversidade funcional, as cales ocupan un lugar privilexiado dentro do espazo da biblioteca e están acompañadas dun mural baixo o lema:

"TOD@S #baixoomesmoparaugas"




 





Paraugas elaborados polo alumnado 

do CEIP Bergantiños.



























sábado, 2 de diciembre de 2023

CALENDARIO PREGUNTÓN DO POLBO TINTÓN

Presentámosvos un novo calendario do polbo Tintón: o calendario preguntón, no cal cada día se formulan preguntas para reflexionar sobre as festas do Nadal. A idea orixinal parte da web da editorial de literatura e filosofía para nenos e nenas WONDER PONDER. As preguntas xiran arredor das  tradicións navideñas, en especial sobre os agasallos, e supoñen unha oportunidade para que toda a comunidade educativa adiquemos cada día un momento para pensar nos nosos hábitos durante estas datas, en alternativas ao consumismo, nas  necesidades das persoas que nos rodean, etc.















Para participar nesta iniciativa creouse un PADLET (muro colaborativo online)  para poder responder ás preguntas que se formulan cada día. Participar é moi sinxelo; simplemente hai que entrar na ligazón e facer un comentario á pregunta, sen necesidade de rexistro nin correo electrónico. Aquí podedes ver unha mostra das dúas primeiras preguntas e os comentarios recibidos ata agora:




Pode ser unha proposta moi interesante para adicar na aula un momentiño (nas primeiras ou últimas sesións, no proxecto lector, ...) para escribir comentarios tanto de maneira individual como consensuando unha reflexión conxunta de todo o alumnado.

Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, persoal docente e non docente) a participar no calendario preguntón do polbo Tintón.


O CALENDARIO DE ADVENTO DO POLBO TINTÓN

Así locen os tentáculos do noso amigo Tintón: están cheos de libros envoltos; por que será?



Velaquí a solución ao misterio: Tintón transformouse nun "calendario de advento", no que cada día de decembro o alumnado do noso centro lle quitará o envoltorio a  un libro para descubrir que título se agocha no seu interior.

Estamos desexando saber que sorpresas literarias ten agochadas o polbo Tintón! Seguirémosvos informando.



 

VOLUNTARIADO LECTOR: VISITA DE ASPABER. Na mañá deste venres tivemos o gusto de recibir a visita de varias persoas usuarias de ASPABER á no...