CALENDARIO PREGUNTÓN DO POLBO TINTÓN
Presentámosvos un novo calendario do polbo Tintón: o calendario preguntón, no cal cada día se formulan preguntas para reflexionar sobre as festas do Nadal. A idea orixinal parte da web da editorial de literatura e filosofía para nenos e nenas WONDER PONDER. As preguntas xiran arredor das tradicións navideñas, en especial sobre os agasallos, e supoñen unha oportunidade para que toda a comunidade educativa adiquemos cada día un momento para pensar nos nosos hábitos durante estas datas, en alternativas ao consumismo, nas necesidades das persoas que nos rodean, etc.
Para participar nesta iniciativa creouse un PADLET (muro colaborativo online) para poder responder ás preguntas que se formulan cada día. Participar é moi sinxelo; simplemente hai que entrar na ligazón e facer un comentario á pregunta, sen necesidade de rexistro nin correo electrónico. Aquí podedes ver unha mostra das dúas primeiras preguntas e os comentarios recibidos ata agora:
Pode ser unha proposta moi interesante para adicar na aula un momentiño (nas primeiras ou últimas sesións, no proxecto lector, ...) para escribir comentarios tanto de maneira individual como consensuando unha reflexión conxunta de todo o alumnado.
Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, persoal docente e non docente) a participar no calendario preguntón do polbo Tintón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario