MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS
Ao longo desta semana a biblioteca do polbo Tintón puxo en marcha un mercado solidadrio con fondos descatalogados. A través desta iniciativa o alumnado, así como calquera outra persoa da comunidade educativa pode cambiar produtos de alimentación e hixiene por un libro. Estes produtos serán doados á Cruz Vermella.
Durante a pasada semana a comunidade educativa foi informada a través de diversas canles: circular informativa, web do centro, redes sociais, avisos por AbalarMóbil, etc. A continuación podedes ver fotos da circular informativa:
Hai que sinalar que a proposta tivo unha moi boa acollida por parte de toda a comunidade educativa e finalmente recaudouse un número importante de produtos. Desde aquí queremos das as grazas a todas as persoas que participaron doando estes produtos de primeira necesidade.
Na seguinte presentación de fotos aparece o alumnado máis cativo do noso centro (3 anos) participando nesta iniciativa solidaria:
No hay comentarios:
Publicar un comentario