miércoles, 29 de enero de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS  DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. 

A continuación amosámosvos algúns títulos relacionados con valores de fomento da non violencia e da paz para o alumnado de Educación Infantil. Como podedes ver, na pequena biblioteca que temos no edificio de E.I. destacamos algúns títulos:


No vídeo que aparece a continuación nenos e nenas de 5º de Educación Infantil van amosando as portadas destes contos para que vos animedes a botarlles unha ollada:







VOLUNTARIADO DE LECTURA: CONTOS POLA PAZ.

No día de hoxe o alumnado de 5º e 6º de E.P. realizou o voluntariado de lectura cos cursos de 1º e 2º de E.P. e tamén en E.I. Como mañá, 30 de xaneiro, se conmemora o Día escolar da non violencia e da paz  as obras escollidas para lerlles aos máis peques tiñan como temática o fomento da non violencia e da cultura da paz.


En Educación Infantil un dos títulos lidos foi "El viaje"




Nas aulas de 2º de E.P. a obra escollida foi "El lápiz mágico de Malala"




RECREO DE EXPERTOS/AS: CREACIÓN DUN CÓMIC.

No recreo de expertos/as deste martes contamos con Candela, alumna de 3º B de E.P., a cal lle explicou aos nenos e nenas que acudiron a esta sesión como elaborar un cómic. Foi explicando as diferentes partes que compoñen unha historieta e tamén dando algúns trucos e consellos para a súa elaboración.

Candela amosando un cómic creado por ela que trouxo como modelo.

A continuación o alumnado animouse a ir creando as súas propias historietas e Candela foilles dando orientacións durante o proceso.










 

lunes, 27 de enero de 2025

PREMIOS AO ALUMNADO E ÁS AULAS MÁIS LECTORAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

Durante a semana pasada na biblioteca de Tintón entregáronse uns premios moi especiais: os premios aos nenos e nenas que máis libros colleron en empréstimo, e maneira individual e tamén ao conxunto do grupo-aula que máis exemplares levaron prestados.

Na categoría individual as nenas e nenos máis lectores foron: Rosalía, Darío, Ángel e Rosalía (alumnado de 3º de E.P.). Recibiron como agasallo un diploma e unha taza do polbo Tintón. Aquí os tedes posando cos seus premios.


Rosalía



De esquerda a dereita: Rosalía, Darío e Ángel


Na modalidade de grupo as aulas premiadas foron 2ºA e 4ºA, de Educación Primaria. Recibiron dous  agasallos: unha insignia para poñer na porta da aula que foi creada polo profe Jose, o coordinador de Polos Creativos do noso centro.


O outro agasallo foi unha sesión de elaboración de chapas na biblioteca. A partir dun deseño no que aparece Tintón fórono personalizando. Na seguinte presentación de fotos podedes ver o proceso de creación e o bonitas que lles quedaron as chapas.


Desde aquí felicitamos a este alumnado tan lector e animámolo a non deixar nunca  unha afección tan máxica como é a lectura.









domingo, 26 de enero de 2025

RECREO DE TALENTOS: VOLEIBOL.

No recreo de talentos do pasado venres contamos con Carolina e Sofía, de 5º de Educación Primaria, as cales nos viñeron falar do deporte que practican nun clube de Carballo: o voleibol. 




Faláronnos das normas do xogo e dos diferentes toques e saques de balón. Tamén fixeron unha demostración, para a cal contaron coa colaboración dunhas compañeiras de equipo de vólei que estaban entre o público asistente a este recreo de talentos. 



Desde aquí dámoslles as grazas por falarlle  ao alumnado deste deporte e facernos esta demostración, así como por animar co seu exemplo aos compañeiros e compañeiras  a practicar actividades fisicas e deportivas.











OS TÍTULOS MÁIS LIDOS NA NOSA BIBLIOTECA EN 2024.

Aquí tedes unhas imaxes onde a través dunha rápida ollada podedes ver cales foron os libros máis prestados na nosa biblioteca ao longo do ano 2024, tanto en lingua galega como en lingua castelá.





Tintón recorda  a todos os nenos e nenas que poden  visitar a biblioteca e mergullarse no mundo máxico da lectura!





martes, 21 de enero de 2025

RECREO DE EXPERTOS/AS: BANDEIRAS DO MUNDO.

No recreo de expertos/as que tivo lugar hoxe na biblioteca de Tintón contamos cun experto en recoñecer bandeiras de diferentes países do mundo. Trátase de Tadeo, de 3º de Educación Primaria.


Ante o numeroso público que o acompañou, Tadeo foi capaz de identificar nada máis e nada menos que un total de 125 bandeiras diferentes. Desde aquí dámoslle un forte aplauso!.









 

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (5º E 6º EP).

Este luns o alumnado pertencente ao Club de lectura de 5º e 6º de E.P., é dicir, "Os 6 misteriosos aventureiros", tiveron unha nova sesión do club. Nesta ocasión estiveron comentando a a primeira das lecturas do club: " La biblioteca nocturna", a cal leron de xeito íntegro.


Ademais de intercambiar impresións sobre a lectura, as nenas e nenos foron resolvendo as preguntas que as mestras María e Verónica lles formularon a través dun Kahoot, que constaba de 18 cuestións relativas á historia que leron. Hai que dicir que lles encantou a actividade e están desexando comezar coa seguinte lectura.









 

RECREO DE TALENTOS: CONCERTO.

O pasado venres a música visitou a nosa biblioteca; nesta ocasión Pablo, un neno de 6º de Educación Primaria, ofreceunos un concerto de trompeta.


Nos vídeos que tedes a continuación podedes ver o ben que interpreta as dúas pezas que tocou.












 

jueves, 16 de enero de 2025

RECREOS DE EXPERTOS/AS: COMIDA EN MINIATURA.

Este martes a biblioteca de Tintón acolleu unha nova sesión do recreo de expertos/as. Nesta ocasión Martina, alumna de 2º de Educación Primaria ensinounos como facer comida en miniatura. O material necesario é o seguinte:

-papel

-lápices de cores

-algodón

-tesoiras

-celo



Martina ensinounos como ir facendo a comida paso a paso: primeiro debuxando o alimento que queiramos facer dúas veces (para que se vexa polas dúas caras), a continuación hai que recortar os debuxos e poñer un anaquiño de algodón entre ambos debuxos. Para finalizar colócase o celo sobre os debuxos para unilos e xa temos preparada a nosa comida en miniatura. 

Despois da explicación foron moitos os compañeiros e compañeiras que se animaron a probar a facer tamén alimentos en miniatura.



Mirade o ben que lles quedaron! 




miércoles, 8 de enero de 2025

RECOMENDACIÓN LECTORA DE 5º- A DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Durante este curso o alumnado máis peque da escola tamén vai facer recomendacións lectoras. Iniciamos este apartado de recomendacións de contos para o segundo ciclo de Educación Infantil da man das nenas e nenos da aula de 5ºA de E.I. (teñen 4 anos).

Esta primeira recomendación lectora é o conto que máis nos gusta dos que habitualmente lemos na aula. A través dunha votación, os nenos e nenas escolleron o conto "Loboferoz", con texto de Patacrúa (a partir dun conto popular ruso) e ilustracións de Chené Gómez. O conto está  editado por OQO.



No vídeo que tedes a continuación o alumnado cóntanos por que lles gusta tanto.


Ademais do conto en formato físico (hai exemplares na biblioteca do centro), podedes velo en formato dixital na web OS CONTOS DO CAMIÑO. Nesta páxina, a cal vos recomendamos para ver cos máis peques, podedes atopar ata outros 25 contos ademais de "Loboferoz".

Aquí tedes o vídeo do conto de "Loboferoz". Esperamos que vos guste!





DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...