RECREOS DE EXPERTOS/AS: COMIDA EN MINIATURA.
Este martes a biblioteca de Tintón acolleu unha nova sesión do recreo de expertos/as. Nesta ocasión Martina, alumna de 2º de Educación Primaria ensinounos como facer comida en miniatura. O material necesario é o seguinte:
-papel
-lápices de cores
-algodón
-tesoiras
-celo
Martina ensinounos como ir facendo a comida paso a paso: primeiro debuxando o alimento que queiramos facer dúas veces (para que se vexa polas dúas caras), a continuación hai que recortar os debuxos e poñer un anaquiño de algodón entre ambos debuxos. Para finalizar colócase o celo sobre os debuxos para unilos e xa temos preparada a nosa comida en miniatura.
Despois da explicación foron moitos os compañeiros e compañeiras que se animaron a probar a facer tamén alimentos en miniatura.
Mirade o ben que lles quedaron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario