PREMIOS AO ALUMNADO E ÁS AULAS MÁIS LECTORAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.
Durante a semana pasada na biblioteca de Tintón entregáronse uns premios moi especiais: os premios aos nenos e nenas que máis libros colleron en empréstimo, e maneira individual e tamén ao conxunto do grupo-aula que máis exemplares levaron prestados.
Na categoría individual as nenas e nenos máis lectores foron: Rosalía, Darío, Ángel e Rosalía (alumnado de 3º de E.P.). Recibiron como agasallo un diploma e unha taza do polbo Tintón. Aquí os tedes posando cos seus premios.
Rosalía
De esquerda a dereita: Rosalía, Darío e Ángel
Na modalidade de grupo as aulas premiadas foron 2ºA e 4ºA, de Educación Primaria. Recibiron dous agasallos: unha insignia para poñer na porta da aula que foi creada polo profe Jose, o coordinador de Polos Creativos do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario