viernes, 29 de mayo de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: TROMPETA

No día de hoxe, e para finalizar os nos recreos de talentos, contamos coa gran actuación musical de Xoel, alumno de 4ºA de EP.

 

Xoel leva 2 cursos tocando a trompeta. Aínda que nos comentou que se trata dun instrumento musical bastante complexo, encántalle tocalo e desfruta moito facéndoo.

 
 
 

Preparounos 4 miniactuacións, tendo como base a BSO das seguintes serie e películas:

-       “Inspector Gadget”:

 



 

 

-       “Los chicos del coro”:

 

 

 


 

-       “La vida es bella”:

 



 

 

-       “Piratas del Caribe”:

 

 


 

 

O público asistente quedou impresionado, así como as mestras presentes na biblioteca e os mestres que facían garda preto da mesma.

Vaia virtuoso da trompeta temos no colexio! Mil parabéns polo teu esforzo e traballo, Xoel!

 

 

MOITAS GRAZAS, por compartir o teu talento con nós, Xoel!

O polbo Tintón.

 


jueves, 28 de mayo de 2026

 VISITA DE ÓSCAR BRUNO DE PRADO

 No día de hoxe, contamos, no noso colexio, co gran Óscar Bruno de Prado, xogador profesional de xadrez, titulado como Mestre FIDE, adestrador do club O Toque Xiria en Carballo e árbitro de competición. 

Óscar foi invitado polo Equipo de Biblioteca para dar unha charla e realizar dinámicas cos 20 primeiros clasificados do noso torneo de xadrez. Óscar aceptou a nosa invitación e puidemos desfrutar da súa marabillosa compañía.

Nun primeiro momento, na biblioteca, falounos un pouco da súa traxectoria: que lle motivou a entrar no xadrez, a estudalo e a converterse en tan bo xogador. Xunto a isto achegou ó alumnado as diferentes actividades ao arredor do xadrez que se realizan en Carballo,  como son campionatos, clubes, formatos de competición, formatos de partidas... e animounos a participar sen medo en todo aquilo que se organice na cidade.




Tras iso pasamos ó comedor onde xogou unha partida simultánea contra todos os asistentes. FOI UNHA PASADA!

Deste xeito, puideron ter unha xornada agradable e distendida de xadrez e coñecer este formato de exhibición, tan vistoso e rechamante. 

O MF Óscar xogou vinte partidas a un tempo, cun resultado de vinte vitorias, en apenas unha hora. É extraordinario, verdade?



Destacar o ambiente de camaradería entre os rapaces/zas do noso colexio, que intentaron dar guerra e axudáronse intentando sobrevivir nas súas respectivas partidas.





Os participantes recibiron como premio ao seu esforzo e como recordo deste ano un chaveiro de madeira de buxo, en forma de peza de xadrez.


Con esta visita e a final da semana que vén entre Mario e Óliver rematará este ano de moito xadrez e diversión nos recreos da biblio.

 

NON A PERDADES! ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS/AS! 

 

Apertas!

O polbo Tintón.

 


 

viernes, 22 de mayo de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: BAILE TRADICIONAL E BAILE MODERNO

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos coas actuacións de baile por parte das rapazas da aula de 6ºA de EP.

Nun primeiro momento, actuaron Paula e Sarela realizando a xota, baile tradicional das comunidades autónomas de Aragón, Navarra e Valencia.

Velaquí podedes ver parte do baile tradicional:

 



Nun segundo momento, actuaron as súas compañeiras de aula, Katya e Carolina, realizando un baile de pop moderno, animando a todo o público presente.


Velaquí podedes ver parte da súa coreografía:

 

Noraboa ás catro e grazas por desenvolver unhas actuacións formidables! Sodes estupendas, rapazas! Canto talento hai neste colexio!

 

MOITAS GRAZAS, SARELA, PAULA, KATYA  e CAROLINA!

O polbo Tintón.

viernes, 8 de mayo de 2026

 

RECREO DE TALENTOS: UKELELE E FRAUTA

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos coas actuacións musicais de Mencía e Rosalía, ambas as dúas alumnas de 4ºC de EP.

 

Comezaron, cunha pequena peza musical, tocando as dúas a frauta.


Logo, Mencía tocou o ukelele e Rosalía, a frauta. Desenvolveron actuacións conxuntas, así como individuais.

 


 

 

Foi un agasallo para os oídos de todos os presentes. Quedamos todos marabillados/as!

 

Noraboa ás dúas e grazas por desenvolver unhas grandísimas actuacións! Esperamos vervos de volta pronto!

 

 

MOITAS GRAZAS, MENCÍA E ROSALÍA!

O polbo Tintón.

  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...