VISITA DE MIRIAM ALLER ÁLVAREZ - LINGUA DE SIGNOS
Boa tarde, cativiños e cativiñas!
Na mañá de hoxe, contamos coa visita ao noso centro de Miriam Aller Álvarez, intérpetre de lingua de signos, a cal conta cunha ampla traxectoria na docencia e na interpretación de lingua de signos.
Miriam desenvolveu tres talleres, un para 3º, un para 4º e, outro para 5º, tendo como participantes unicamente aos participantes dos clubs de lectura destes 3 niveis educativos de EP.
Nun primeiro momento, Miriam preguntoulles ao alumnado que pensaban que era a lingua de signos e quenes eras as persoas que a usaban.
Explicoulle a diferenza entre xordos e xordomudos e que realmente non había xordomudos, senón xordos, xa que todos nacemos con cordas vocais, pero non todos temos as ferramentas necesarias para usalas.
Así mesmo, afondou na súa profesión como intérprete de signos e proque se facía tan necesaria.
Unha vez que introduciu aos nenos/as neste ámbito, preguntoulles se ás persoas xordas lles gusta a música. A maioría do alumnado respondeu que si, pero non soubo desenvolver a resposta.
Miriam explicoulles como poden sentir a música: a través dunhas mochilas vibratorias. Estas marcan o ritmo da música que se escoita, facendo vibracións distintas segundo se escoiten instrumentos de corda, vento ou metal.
A continuación, o alumnado puido percibir 2 cancións do máis diferente, a través do uso destas mochilas. Quedamos todos/as alucinados/as!
Para rematar, Miriam ensinounos a signar parte dunha canción. Velaquí podedes ver o resultado do alumnado de 4º de EP:
Foi unha hora do máis interesante e motivadora para os nenos e nenas dos clubs de lectura, así como un agasallo polo esforzo e traballo realizados ao longo deste curso.
Moitas gracias, Miriam! Foi un pracer escoitarte e contar contigo no noso colexio!
APERTAS!
O polbo Tintón.