martes, 2 de diciembre de 2025

 

TORNEO DE XADREZ

No día de onte, luns 1 de decembro de 2025, deu comezo o 1º torneo de xadrez do noso centro educativo.


O 11 de novembro, no recreo de expertos, os alumnos Thiago (3ºA), Mateo e Hugo (3ºB), xunto con Mario (6ºD) impartiron un obradoiro de xadrez. Foi tal a gran acollida que tivo, que o Equipo de Biblioteca do centro decidiuse a organizar un torneo de xadrez para todos os nenos/as do colexio que xa soubesen xogar ao mesmo.

Esta semana demos inicio cos primeiros enfrontamentos e foi todo un éxito!

 




Xogaremos todos os luns e mércores. Todo aquel que queira acudir a ver as partidas será benvido!

 

MOITAS GRAZAS, rapaces/zas e moita sorte no torneo! Usade as vosas mellores estratexias!

O polbo Tintón.



 


 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO DE ADVENTO

Desde o día 1 ata o día 19 deste mes de decembro, iremos abrindo o noso calendario de advento da biblioteca escolar.

Cada día, abriremos un dos agasallos e descubriremos un libro novo.

Vén ata a biblioteca e descubre as novidades que nos trae cada día.

Poderás adivinar algún dos libros do noso calendario?

 

 

ESPÉROVOS!

O polbo Tintón.


 

RECREO DE EXPERTOS: PAPIROFLEXIA

 

Hoxe, as alumnas de 4ºA de EP, Rosalía e Camila, impartiron un taller de papiroflexia. No mesmo, foron explicando, paso a paso, como crear dous animaliños: un coello e un gato.


Unha vez elaborados ambos animaliños, os participantes puideron decoralos ao seu gusto.

MOITAS GRAZAS, ROSALÍA E CAMILA! Quedamos encantados/as co nosos animaliños! Volvede cando queirades!

O polbo Tintón.


 

lunes, 1 de diciembre de 2025

 

MES DE DECEMBRO DE 2025

     Aquí tedes o calendario deste mes de decembro, no que poderedes consultar todas as actividades que desenvolveremos na biblioteca ao longo do mesmo.

APERTAS!

O polbo Tintón.


 


 

  TORNEO DE XADREZ No día de onte, luns 1 de decembro de 2025, deu comezo o 1º torneo de xadrez do noso centro educativ...