viernes, 12 de diciembre de 2025

 

RECREO DE TALENTOS: IMPRESIÓN EN 3D E FORMAS CON GOMAS

No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con 3 alumnos/as de 4º de EP, Lucas, Gisela e Rosalía Recarei.

Iniciou a dinámica, Lucas, de 4ºA, contándonos, de maneira moi sinxela, como funciona un bolígrafo para realizar obxectos en 3D. Logo, falounos da impresora 3D e amosounos algúns dos deseños e exemplos de materiais e produtos elaborados con esta máquina.

Tamén nos mostrou distintos exemplos de materiais, para a impresora, e rematou facéndonos un test rápido de 4 cuestións para comprobar se estiveramos atentos á explicación.

Foi unha auténtica marabilla! Quedamos todos fascinados/as!

 

A continuación, Gisela e Rosalía Recarei, alumnas de 4ºC, fixeron unha demostración práctica de como realizar distintas formas, cunha goma longa e pouco elástica. Amosáronos como facer diferentes formas, como unha estrela, unha vasoira ou unha tela de araña!

Gisela aprendeu a realizar distintas figuras vendo vídeos na Rede e, logo, ensinoullo á súa compañeira Rosalía.

Foi alucinante velas facer estas figuras tan rápido!




MOITAS GRAZAS, LUCAS, GISELA E ROSALÍA!

O polbo Tintón.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

  ACTIVIDADES REALIZADAS DO PROXECTO DE CENTRO: “CÓNTAME UN CONTO” – 2º TRIMESTRE Boa tarde, cativiños e cativiñas!   Como ben sabedes...