viernes, 19 de diciembre de 2025

 

CLUBS DE LECTURA

 

Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas!

Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns Clubs de Lectura. Xa é o 3º ano consecutivo! Non é estupendo?

Este curso, como novidade, realízanse para toda a etapa de Educación Primaria, nun proxecto lectora semanal e/ou quincenal.

Ímosvos a contar que libros leron ou están a ler e que actividades realizaron, ata o de agora.

 

2º CICLO: 3º e 4º de EP

Ao longo das primeiras sesións, lembramos os compromisos e as obrigas que implica un club de lectura, así como os beneficios de pertencer ao mesmo.

Realizamos os bocetos para escoller o logo que nos identificará como club, para, máis tarde, poder facer unhas chapas con dita imaxe.

A continuación, comezamos a ler o libro sobre contos de tradición oral de Galicia, reacionado directamente coa temática deste 1º trimestre do proxecto de centro “Cóntame un conto”.

Dito libro titúlase “Lendo lendas, digo versos”, onde se nos presentan vinte lendas con cadanseu poema.

Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do ... cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo» (G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).



Neste 1º trimestre, puidemos ler e comentar as 10 primeiras lendas do libro. Para traballar sobre ás mesmas, realizamos unha posta en común oral, arredor dunhas cuestións, así como afondamos en lugares de Galicia que non coñecíamos.

 

 Clicando na imaxe, poderedes ver as cuestións sobre as que afondamos:


Así mesmo, desenvolvemos un pequeño xogo con tarxetas. Estas tarxetas aparecían dispostas sobre a mesa, ocultando unha imaxe ou palabra relacionada coas lendas. Debían buscar a súa parella. Así, ademais, de repasar o aprendido sobre as lendas, afondamos na atención e na memoria visual.


3º CICLO: 5º e 6º de EP

O Club de Lectura do terceiro ciclo leu Carabela, de Paula Carballeira. É unha obra de teatro na que unha nena (Carabela) naufraga e queda varada nunha illa de plástico, sen nada que comer e en risco de morrer de inanición. Animais afectados pola contaminación procuran axudala.

Sobre este libro realizaron diversas actividades, como:
- Representación dunha escena para ver como falarían os personaxes.
- Facer unha "foto fixa" dunha escena e que o alumnado intente adiviñar cal é.
- Que hai no mar: o alumnado escribiu en papeliños obxectos que se poderían encontrar na illa de plástico e metémolos nunha caixa. Dela, en gran grupo ou por parellas, sacamos diferentes respostas e comentamos como poden acabar na illa de plástico e que facer para evitalo.
- Kahoot: ao finalizar o libro, fixeron un cuestionario de repaso do sucedido e de motivación para o libro seguinte.

Continuamos á volta do Nadal!

 

APERTAS!

O polbo Tintón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

  CLUBS DE LECTURA   Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver un...