VOLUNTARIADO SOLIDARIO: VISITA DE AFABER
Este venres, 5 de decembro, tivemos unha visita ao noso centro de tres usuarias de AFABER, acompañadas de dúas profesionais que traballan neste centro. Na biblioteca, esperaban para recibilas alumnado de 5ºC de Educación Primaria, que forma parte do Voluntariado de lectura solidario.
As profesionais desta asociación estivéronlles contando ao alumnado as tarefas e actividades que normalmente fan na asociación coas persoas usuarias, concretándolles que para eles/as era como estar na escola, ao igual que fan os cativos no día a día.
As usuarias que nos visitaron falaron das súas vivencias e como é o seu día a día, na actualidade.
A continuación, fixeron un gran grupo colaborativo no que se adicaron a montar e decorar as etiquetas que se entregarán no noso Concello a todo aquel que se achegue nestas datas a comprar no mercado principal.
Foi unha actividade na que tanto maiores, como pequenos/as, desfrutaron moito e onde puideron aproveitar para axudarse os uns aos outros/as e coñercer un chisquiño mellor, con pequenas conversas.
Volvede cando queirades! Esperámosvos cos brazos abertos!
O polbo Tintón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario