viernes, 12 de abril de 2024

 RECREO DE TALENTOS: VIOLÍN

Este venres a música visitou de novo a biblioteca do polbo Tintón. A encargada de amosar o seu talento tocando o violín foi Martina, alumna de 4º de E.P. Fíxonos gozar con tres pezas: "A saia da Carolina", "Muiñeira de Chantada" e "Gavotte Mignon".















No seguinte vídeo podedes ver e escoitar a Martina interpretando a "Muiñeira de Chantada".


Ademais de tocar na biblioteca, Martina tamén se achegou ata o edificio de Educación Infantil para que o alumnado máis cativo da escola poidese gozar dunha sesión musical.





RECREO DE EXPERTOS/AS: PAPIROFLEXIA

A biblioteca de Tintón segue a ofrecernos actividades moi entretidas para o tempo de lecer. Nesta ocasión foron Mateo, Erik, Noelia e Iria (5º de E.P.) os encargados de achegar a arte da papiroflexia a aqueles compañeiros interesados por aprender a facer figuras a partir do papel.


               Os expertos durante o obradoiro no que amosaron as técnicas da papiroflexia 

Na presentación de fotos que aparece a continuación podedes ver como foi este proceso de creación.




lunes, 8 de abril de 2024

RECREO DE TALENTOS: CHISTES.






Este venres o recreo de talentos foi en clave de  humor, pois o alumnado de varios cursos de Educación Primaria ofreceunos unha sesión de chistes. Que mellor maneira de rematar a semana que botando unhas risas!

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra dos chistes que nos contaron estes alumnos.




RECREO DE EXPERTOS/AS: CUBO DE RUBIK



 No recreo de expertos da biblioteca de Tintón tocou poñer en marcha o inxenio para resolver un quebracabezas que este ano cumpriu 50 anos: o cubo de Rubik. O experto encargado de amosar como resolve rapidamente este reto foi Aritz da aula de 5º D de E.P. Neste vídeo podedes ver o ben que o resolve en tan só 8 segundos.



Aritz tamén estivo dando trucos para a resolución do cubo de Rubik, tal e como se amosa no vídeo que aparece a continuación.


As nenas e nenos que asistiron a esta sesión non perderon detalle e  puideron poñer en práctica estes trucos.






RECREO DE TALENTOS: TROMPETA

Na biblioteca do polbo Tintón levamos vendo talentos de moi diverso tipo e non podía faltar a música, concretamente o talento amosado por Pablo da aula de 5º D de E. P. tocando a trompeta.



Como podedes observar nas imaxes que aparecen a continuación, o público que asistiu a este recreo de talentos foi moi numeroso:




No seguinte vídeo podedes ver parte do recital de trompeta que nos ofreceu Pablo.





martes, 2 de abril de 2024

VOLUNTARIADO LECTOR

O alumnado de  5º e 6º de Educación Primaria realizou o pasado xoves 21 de marzo unha nova sesión de voluntariado de lectura cos nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º de EP. Na seguinte presentación de fotos podedes ver imaxes desta actividade nalgunhas das aulas nas que os maiores deleitaron aos máis pequechos do noso centro a través da lectura.




RECREO DE TALENTOS: DEBUXO



Os alumnos Fran (6º EP) e Leo (4º  EP) escolleron a bilioteca do polbo Tintón para realizar unha exposición dos seus debuxos:





Ademais de poder contemplar os debuxos creados por estes dous compañeiros, o alumnado que asistiu no recreo á biblioteca poideron pedirlle a estes artistas un retrato (nas fotos que aparecen a continuación podedes ver aos debuxantes creando e aos modelos posando).

















  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...