TINTÓN VIAXEIRO: PRAIA DA SEIRUGA.
Este xoves 12 de xuño o polbo Tintón volveu de excursión co alumnado de Educación Infantil do noso centro; nesta ocasión acompañou ás nenas e nenos de 5º e 6º á praia da Seiruga (Malpica).
Este mércores tivo lugar na nosa biblioteca a penúltima sesión do club de lectura do alumnado de 3º e 4º de E.P. Como xa vos vimos contando en entradas anteriores, a obra que están a ler pertence ao xénero dramático ("Al teatro con Rodari"); e que mellor maneira de poñer a proba a súa comprensión lectora que representando algunhas das obras que aparecen neste libro. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver ás nenas e nenos en pleno ensaio da obra "El traje nuevo del emperador".
Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, na biblioteca de Tintón estes días están tendo lugar encontros con familias de alumnado de 1º de E.P. que nos veñen a falar das súas profesións.
No día de hoxe contamos cunha nai que traballa nun hipermercado. Falounos do seu traballo pero tamén fixo algo tan importante como concienciarnos sobre a importancia de non desperdiciar os alimentos, así como facer un consumo responsable tanto de alimentos como de outro tipo de produtos que se venden no seu centro de traballo. Desde aquí dámoslle as grazas por achegarse ata a nosa biblioteca!
Este martes o recreo de expertos/as contou coa participación de Estefanía, alumna de 3º de E.P., quen lle ensinou ás nenas e nenos que acudiron á biblioteca como facer un debuxo dun animal partindo dunha letra. Nas fotos que vedes a continuación fixeron unha xirafa partindo da letra "h" minúscula. Dámoslle un forte aplauso pola súa creatividade!.
Este luns o alumnado de 5º e 6º de E.P. que forma parte do club de lectura tivo unha nova sesión do mesmo. Como a lectura que están a realizar agora mesmo é unha historia de banda deseñada, a actividade proposta xirou arredor deste xénero literario.
A partir dunha serie de imaxes dun parque e dun edificio, as nenas e nenos tiveron que invertar os diálogos que terían as persoas que alí aparecen.
A semana próxima será a derradeira sesión do club de lectura e nela os nenos e nenas presentarán os mundos imaxinarios que foron creando inspirándose na lectura de "Incoloro".
CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...