martes, 17 de junio de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (3º CICLO DE E.P.).

Onte tivo lugar a derradeira sesión do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de E.P. Nesta sesión as nenas e nenos presentaron os mundos máxicos inspirados na obra "Incoloro". Nestes mundos o alumnado amosou unha grande imaxinación e creatividade, así como un alto nivel de detalle: mapa con provincias, monumentos, idioma oficial, asignaturas que se dan na escola, éxitos que se escoitan na radio deste país, flora e fauna típica.  Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver estes detalles:







Como colofón á sesión, o alumnado recibiu un estoxo co logo do club de lectura a modo de agasallo pola súa participación nesta actividade.










RECREO DE TALENTOS: HÓCKEY.

O pasado venres no recreo de talentos da biblioteca de Tintón contamos con Noel e Gael, alumnos de 4º de E.P., que viñeron falarnos sobre o hockey.


Ensináronnos a equipación,, o material co que xogan, explicaron as regras e a colocación dos xogadores no campo. Tamén exemplificaron a colocación do stick para xogar. Desde aquí dámoslles un forte aplauso por achegarnos a este deporte.








 

viernes, 13 de junio de 2025

ANDAINA DO CLUB DE LECTURA.

Este venres o alumnado do club de lectura, tanto do 2º como do 3º ciclo de E.P. realizaron unha andaina pola contorna do río Anllóns (tramo de A Porcariza a Vilaverde). O polbo Tintón non podía perder esta ocasión de acompañar a estes nenos e nenas lectores.












 

TINTÓN VIAXEIRO: PRAIA DA SEIRUGA.

Este xoves 12 de xuño o polbo Tintón volveu de excursión co alumnado de Educación Infantil do noso centro; nesta ocasión acompañou ás nenas e nenos de 5º e 6º  á praia da Seiruga (Malpica).






 

miércoles, 11 de junio de 2025

TINTÓN VIAXEIRO: ACUARIUM FINISTERRAE.

Hoxe o alumnado de 5º de Educación Infantil do noso centro fixo unha saída ao acuario da Coruña e, como non, Tintón tiña que ir a ver aos seus amigos do mar. Aquí o tedes no exterior das instalacións:










 

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA (2º CICLO).

Este mércores tivo lugar na nosa biblioteca a penúltima sesión do club de lectura do alumnado de 3º e 4º de E.P. Como xa vos vimos contando en entradas anteriores, a obra que están a ler pertence ao xénero dramático ("Al teatro con Rodari"); e que mellor maneira de poñer a proba a súa comprensión lectora que representando algunhas das obras que aparecen neste libro. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver ás nenas e nenos en pleno ensaio da obra "El traje nuevo del emperador".






 

AS PROFESIÓNS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN.

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, na biblioteca de Tintón estes días están tendo lugar encontros con familias de alumnado de 1º de E.P. que nos veñen a falar das súas profesións. 

No día de hoxe contamos cunha nai que traballa nun hipermercado. Falounos do seu traballo pero tamén fixo algo tan importante como concienciarnos sobre a importancia de non desperdiciar os alimentos, así como facer un consumo responsable tanto de alimentos como de outro tipo de produtos que se venden no seu centro de traballo. Desde aquí dámoslle as grazas por achegarse ata a nosa biblioteca!

 










  CLUBS DE LECTURA Boa tarde, meus amiguiños e amiguiñas! Como ben sabedes, este curso, estamos a desenvolver uns ...