miércoles, 29 de noviembre de 2023

CAMPAÑA DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Este luns o alumnado de Educación Primaria do noso centro asitiu a unha charla de concienciación sobre o consumo responsable de xogos e xoguetes impartida por dúas voluntarias da Fundación Amigos de Galicia. Ademais, a biblioteca do noso centro participa na Campaña solidaria de Nadal 2023 desta mesma fundación. Para iso colocáronse na biblioteca do centro unhas caixas nas que toda a comunidade educativa pode colaborar doando algún xoguete novo. Tamén se colocaron carteis na piscina municipal que está a carón do centro e nalgúns negocios nas proximidades da escola para animar á veciñanza a colaborar con esta iniciativa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREO DE TALENTOS: IMPRESIÓN EN 3D E FORMAS CON GOMAS No día de hoxe, no recreo de talentos, contamos con 3 alumno...