martes, 20 de febrero de 2024

 O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A BIBLIOTECA

Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita das nenas e nenos de 5º de E.I., co obxectivo de coñecer este espazo do centro e descubrir o mundo máxico de contos que se atopa na zona destinada ao alumnado de 3 a 6 anos. Este recanto da biblioteca está especialmente deseñado para estas idades, cos libros á súa altura e con alfombras e coxíns para que poidan gozar dos contos nun ambiente cómodo e relaxado.




Foi tamén o momento de coñecer algunhas normas da biblioteca, como son falar en voz baixiña, coidar moito os contos e quitar o calzado para estar no recanto dedicado aos máis peques do centro.



Con ocasión desta visita cada  neno e nena escolleu un título para levar en préstamo e gozar da lectura na casa.



Tamén houbo tempo de escoitar música relaxada, pois a biblioteca de Tintón é un espazo no que este tipo de música é sempre benvida. Ao celebrarse este venres o Día de Rosalía o tema escollido foi "Rosalía pequeniña", cantado por Uxía Senlle. No vídeo que aparece a continuación podedes comprobar como os nosos pequechos deseguido souberon a quen lle estaba cantando Uxía.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES. Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de...