RECREO DE TALENTOS: CANTAREIRAS
Este venres estivemos de estrea de recreos de talentos. As alumnas de 5º de EP Lucía e Iria ofreceron un concerto de pandereita e canto na biblioteca do centro.
Coincidindo coa conmemoración do Día de Rosalía, Iria e Lucía interpretaron o poema "Adios ríos, adiós fontes" tocando coa pandeireta unha peza creada por elas mesmas para a ocasión, tal e como explican no vídeo que aparece a continuación.
O alumnado máis cativo da escola tamén puido gozar do enorme talento destas nenas, pois Iria e Lucía desprazáronse ata o edificio de Educación Infantil para interpretar unhas pezas. Alí, ademais de entusiasmar aos pequenos e ás mestras, tiveron a oportunidade de pasar un ratiño coa súa antiga titora de E.I.
Iria e Lucía con Vanesa, a súa
titora da etapa de Educación
Infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario