miércoles, 5 de junio de 2024

ORGANIZACIÓN DO VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA.

Durante este curso que está a piques de rematar a biblioteca de Tintón tivo uns bibliotecarios e bibliotecarias moi especiais: nenas e nenos de 5º e 6º de E.P. que xenerosamente dedicaron parte do seu tempo de lecer a colaborar na biblioteca colocando os libros nas estanterías, organizando material, poñendo música para ambientar este espazo, controlando o aforo da biblioteca, recomendando libros aos demais nenos e nenas, axudando a atopar libros ao resto do alumnado, etc.

Para organizar este voluntariado creáronse nove equipos de seis nenos e nenas (estaban mesturados por niveis e cursos); cada equipo corresponde a un elemento do medio mariño. Cada mes tiñan ao seu dispor na aula o calendario para consultar a que equipo lle tocaba cada día, de xeito totalmente autónomo.



Esta foi unha experiencia moi satisfactoria para todo o alumnado participante (un total de 54 nenos e nenas).

MOITÍSIMAS GRAZAS a estes nenos e nenas por este labor de voluntariado tan importante para o funcionamento da biblioteca durante o recreo!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario

MES DAS CIENCIAS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN Durante o presente mes de novembro celébrase o Mes das Ciencias e na biblioteca do polbo Tintón est...