lunes, 14 de octubre de 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS.

Hoxe, 14  de outubro, celébrase o Día das escritoras e a biblioteca de Tintón tamén quixo participar nesta homenaxe a todas as mulleres escritoras. O lema escollido foi:

"Non queremos permanecer nas sombras"





A actividade proposta ("Quero ser escritora") xirou arredor da creación literaria por parte das alumnas do noso centro. Algunha delas xa trouxo un relato creado na casa e outras animáronse a escribir na biblioteca durante o tempo de lecer. Ao longo desta semana poderán darlle continuidade a estas historias ou crear unhas novas, en calquera xénero literario (relato, poesía, teatro, banda deseñada, etc.).









No hay comentarios:

Publicar un comentario

  RECREO DE EXPERTAS: CÓMIC   No día de hoxe, as alumnas de 4ºC de EP, Mayra e Ariadna, impartíronos un obradoiro de ...