viernes, 11 de octubre de 2024

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

Do mesmo xeito que viñemos facendo o pasado curso, darémoslle continuidade á participación da biblioteca do noso centro na iniciativa "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS".

Esta actividade está dirixida a toda a rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria que se anime a participar en calquera das tres liñas do programa: "Recreos", "Lectura aos peques" e "Lectura solidaria".

Desde aquí animámosvos a participar nesta iniciativa que tan boa acollida tivo o curso pasado tanto dentro como fóra da comunidade educativa.

Na seguinte infografía atoparedes toda a información.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS. Hoxe, 14  de outubro, celébrase o Día das escritoras e a biblioteca de Tintón tamén quixo participar ne...