CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA.
Hoxe temos unha novidade que nos fai especial ilusión comunicarvos: a posta en marcha dun proxecto en colaboración coa biblioteca do CEIP Fogar de Carballo. En primeiro lugar queremos presentarvos ao rato Biblio, que é a mascota da biblioteca do Fogar e que será o compañeiro de Tintón neste proxecto conxunto.
Agora toca contarvos algunhas cousas sobre o proxecto:
- Vai estar centrado na figura das cantareiras, ás que este ano se lle dedica unha conmemoración tan salientable como é o Día das Letras Galegas. Nesta ligazón tedes máis información: RAG DÍAS DAS LETRAS GALEGAS 2025
- Está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria de ambos centros: CEIP Fogar e CEIP Bergantiños.
- Un dos obxectivos do proxecto é que o alumnado investigue na súa contorna arredor da música e a canción de tradición oral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario