miércoles, 13 de noviembre de 2024

VOLUNTARIADO LECTOR: VISITA Á RESIDENCIA DOMUS VI.

Este luns o alumnado de voluntariado de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha visita á RESIDENCIA DOMUS VI de Carballo.

Como podedes aprezar na foto, o polbo Tintón acompañou ás nenas e nenos a esta visita. O primeiro que fixeron foron as presentacións, tanto do noso alumnado como das persoas usuarias. A continuación os nenos e nenas léronlles o conto "Uxía e o mar". Dada a temática mariñeira da lectura, seguidamente maiores e pequenos fixeron barcos de papel (os cales quedaron na residencia para unha actividade que se fará co noso centro).

Antes de regresar para o colexio tiveron ocasión de escoitar unha canción que cantou unha usuaria con acompañamento de guitarra, así como degustar unha merenda.

Desde aquí dámoslle as grazas ao persoal e ás persoas usuarias da residencia pola boa acollida que nos brindaron, así como por seguir colaborando connosco neste tipo de iniciativas. No vídeo que aparece a continuación tedes imaxes de todo isto que vos acabamos de contar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

RECREO DE TALENTOS: MANUALIDADES. Este venres a biblioteca de Tintón encheuse de público para coñecer o talento de dúas compañeiras de 2º de...