sábado, 8 de febrero de 2025

NOVIDADES DO PROXECTO "CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA".

Tal e como vos contamos nunha PUBLICACIÓN ANTERIOR  do noso blog, o CEIP Fogar e o CEIP Bergantiños están a levar a cabo un proxecto conxunto sobre a figura das cantareiras e da tradición oral na contorna de Carballo. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado á poesía popular oral, decidimos investigar sobre esta temática nas diferentes parroquias do noso concello.

Para dinamizar este proxecto común creouse un blog específico, no cal poderedes atopar todas as novidades e actividades que se vaian realizando. Aquí tedes a ligazón:

CANTA MIÑA COMPAÑEIRA BLOG

Nas primeiras entradas do blog poderedes ver unha presentación do proxecto por parte do alumnado dos dous centros (recordamos que son nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria).


Outra das actividades que aparecen no blog  é a creación e elección do logo do proxecto.


Para rematar, amosámosvos os libros específicos que chegaron estes días á biblioteca de Tintón para desenvolver este proxecto.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. No día de onte conmemoramos na escola o Día mundial da concienciación sobre o autismo . A act...