VISITA DE FEGEREC Á NOSA BIBLIOTECA.
O xoves a biblioteca de Tintón recibui a visita de dúas traballadoras de FEGEREC - A Coruña (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas). Como xa contamos nunha entrada anterior, un grupo de alumnado de 6º de E.P. do noso centro fixera unha visita á sede desta asociación en decembro de 2024.
Nesta ocasión o alumando de 6º de E.P. e tamén o de 2º de E.P. recibiu de primeira man información sobre as enfermidades raras.
O alumnado de 2º de E.P. coñeceu a Federito, que é un trevo de catro follas que, ao igual que as enfermidades raras, é moi pouco común pero que existe e é necesario facelo visible. Unha parte da actividade consistiu na elaboración dunha diadema con forma de trevo, actividade que lles encatou a todas as nenas e nenos asistentes e na que ademais levaron un recordo para a casa relacionado con todo o aprendido.
No caso do alumnado de 6º de E.P., os rapaces e rapazas puideron ver unha presentación na que se explicaba que moitos persoeiros coñecidos teñen enfermidades raras, aínda que sexa un feito que non se perciba de inmediato. Fixeron tamén unha dinámica de grupo cun personaxe chamado Román. Ademais, o alumnado pertencente ao voluntariado solidario que visitara a asociación o pasado decembro explicoulle ao resto de compañeiros todo o que aprenderan sobre as enfermidades raras na súa saída á sede da asociación na Coruña, así como a súa experiencia colaborando no empaquetado de bastóns de caramelo para a campaña navideña promovida por esta entidade. O obxectivo desta campaña foi recaudar fondos para colaborar na investigación sobre este tipo de enfermidades, algo sobre o que tamén se reflexionou nesta xornada na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario