miércoles, 19 de marzo de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DO 2º CICLO DE E.P. (3º E 4º).

As nenas e nenos de 3º e 4º de E.P. tiveron unha nova sesión do club de lectura na que emperaron a traballar nunha nova lectura: "La habitación secreta", de Rosa Huertas.


Falaron da lectura das 30 primeiras páxinas do libro e foron respostando a algunhas preguntas.


Aproveitaron un suceso que aparece na historia para reflexionar sobre a discriminación que sofren algunhas nenas para xogar ao fútbol ou a outros xogos nos patios de recreo polo feito de ser nenas. Comentaron que na escola non viviran esa situación concreta, pero si que algunha vez se sentiron desprazados por que outros nenos ou nenas non lles permitiron participar nalgún xogo. Reflexionaron sobre como os fai sentir situacións coma esta e o positivo de empatizar e ser bos compañeiros e compañeiras.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...