lunes, 12 de mayo de 2025

CAIXAS MISTERIOSAS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN.

Con motivo da celebración do Día do libro propuxémoslles ás aulas de Educación Primaria do noso centro unha actividade para posteriormente facer un xogo. Como xa indicamos nunha entrada anterior do blog, o día do libro cada aula tivo un libro sorpresa para ler na aula. Posteriormente o alumnado tivo que meter nunha caixa unha serie de pistas para que o resto de alumnado doutras aulas averiguase de que libro se trataba.


Estas son as caixas coas pistas que están na biblioteca.



Nas seguintes entradas do blog  podedes ver as fotos onde se amosa o contido de cada caixa misteriosa. Para ver ben as pistas podedes premer na foto e esta aparecerá nun tamaño máis grande para poder ler o contido dalgunhas pistas. 
Despois das fotos aparecerá unha entrada cunha ligazón a un KAHHOT  para resolver a partir das pistas que vexades en cada caixa.

Que comece o xogo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...