martes, 13 de mayo de 2025

OS O.D.S. NA BIBLIOTECA DE TINTÓN: PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLE.

Este luns na biblioteca presentouse un novo obxectivo de desenvolvemento sostible: o obxectivo número 12, que está relacionado coa produción e o consumo responsable. En primeiro lugar as nenas e nenos debatiron sobre o que podería significar este obxectivo; a continuación  viron un vídeo sobre este obxectivo e abriuse novamente o debate, durante o cal se puxeron exemplos de comportamentos axeitados e pouco axeitados en relación ao consume de enerxía e auga e tamén sobre a reciclaxe.




Seguidamente o alumando realizou unha actividade na que tiña que colocar os diferentes tipos de residuos no colector correspondente.


Para finalizar propúxoselles unha ficha de traballo para completar con aquelas accións que consideran que non son beneficiosas para axudar a acadar este obxectivo e a maneira de solucionar estes erros. Por exemplo, durante o debate algúns nenos e nenas caeron na conta de que non estaban separando axeitadamente o lixo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...