miércoles, 7 de mayo de 2025

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA 2º CICLO (3º E 4º).

Hoxe tamén tivo lugar unha nova sesión do club de lectura do alumnado de 4º e 5º de E.P. Nesta sesión, ao igual que fixeron os compañeiros do 3º ciclo de E.P., as actividades xiraron en torno ao libro que acabaron xa de ler "La habitación secreta" e tamén comezaron a realizar algunha actividade en relación á nova lectura "Al teatro con Rodari".

Con respecto ao libro "La habitación secreta" comezaron a coller material para elaborar a súa propia habitación secreta.


En canto á nova lectura, a mestra Alba explicou os elementos principais que conforman unha peza teatral: personaxes, escenificación, atrezzo, etc. Como tarefa para a próxima sesión deben facer a lectura do primeiro capítulo deste libro.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOLUNTARIADO SOLIDARIO: SAÍDA A LENDA EDUCATIVA. No día de hoxe as nenas e nenos que colaboran co C.E.E. LENDA EDUCATIVA fixeron a última ...