AS PROFESIÓNS NA BIBLIOTECA DE TINTÓN.
Durante as últimas semanas houbo varias familias de alumnado de 1º de E.P. que se achegaron á nosa biblioteca para falar das súas profesións: nutricionista, dentista, hixienista dental, costureira, axente de viaxes e artesán de xeados. Desde aquí queremos darlles as grazas por dedicarnos un anaquiño do seu tempo para vir a presentarnos as súas profesións dun xeito tan ameno. A modo de recordo, desde a biblioteca agasallóuseas cunha candea que fixeron as persoas usuarias da asociación Íntegro (asociación coa que, como xa sabedes, colaboramos no voluntariado solidario de lectura).
Na presentación de fotos que aparece seguidamente podedes ver algúns momentos destes encontros coas familias:
No hay comentarios:
Publicar un comentario